Eventos

O Club Ciclista Rías Baixas quere seguir soñando





Gañador da última edición da Volta a Galicia e terceiro mellor equipo do pelotón amateur español, o Club Ciclista Rías Baixas presentou no Parador de Baiona o seu proxecto para 2017, un evento ao que asistiron medio milleiro de invitados.

Tema: 

Froiz, 29 anos dando guerra no pelotón





Un sinxelo acto na Deputación de Pontevedra serviu de presentación da nova tempada do Grupo Deportivo Supermecados Froiz, que afronta a súa campaña número 29 no pelotón ciclista.

O ex-ciclista profesional Ezequiel Mosquera exerceu finalmente de padriño do equipo nun ano que comeza este mesmo fin de semana en Almagro, coa disputa do XVII Memorial Manuel Sanroma os días 18 e 19 de febreiro.

Tema: 

Entrega ao Delegado do Goberno en Galicia dunha Mención Especial da FGC





Santiago Villanueva, Delegado do Goberno en Galicia, recibiu nas últimas horas a placa pola Mención Especial que a Federación Galega de Ciclismo (FG) lle concedeu pola súa inestimable colaboración na campaña de visibilidade e seguridade vial do colectivo ciclista na comunidade autonóma galega.

Juan Carlos Muñiz, presidente da FGC, entregoulle esta distinción despois de que o Delegado do Goberno non puidera asistir a recollela por motivos de axenda o pasado sábado 28 de xaneiro durante a celebración da Gala do Ciclismo Galego en Padrón. 

 

Tema: 

O Cortizo-Anova, ao completo na súa presentación oficial





O novo proxecto do Club Ciclista Padronés celebrou a súa presentación oficial este venres nun acto no auditorio do Centro Social de Padrón ao que acudiron os equipos de todas as categorías. Daban así o pistoletazo oficialmente a unha nova tempada, que será a número 61ª, na que se estrea tamén novo patrocinador, Anova, para acompañar na denominación do equipo a Aluminios Cortizo.

Tema: 

A seguridade vial e o 60 aniversario do Padronés marcaron a Gala do Ciclismo Galego 2016





O Auditorio Centro Sociocultural de Padrón luciu un cheo ata a bandeira para celebrar a Gala do Ciclismo Galego 2016. Máis de 300 persoas asistiron ao acto organizado pola Federación Galega de Ciclismo (FGC) no que se premiou aos mellores corredores autonómicos durante o pasado ano, fíxose fincapé na seguridade dos ciclistas nas estradas e homenaxeáronse dilatadas traxectorias como a do Club Ciclista Padronés, que exerceu de anfitrión para festexar o seu 60 aniversario.

Tema: 

Dez premiados na Gala do Ciclismo Galego polos seus resultados nos opens e nas copas de España





Os opens e as Copas de España durante o 2016 contaron cunha numerosa presenza de corredores galegos nos seus podios finais. Os dez representantes da nosa terra que remataron entre os tres primeiros nas clasificacións xerais destes certames serán galardoados na Gala do Ciclismo Galego (20:30 horas, Auditorio Centro Sociocultural de Padrón).

Tema: 

O ciclismo galego reúnese este sábado en Padrón para celebrar a súa Gala anual





O Auditorio Centro Sociocultural de Padrón será este sábado a partir das 20:30 horas o escenario da Gala do Ciclismo Galego 2016. Neste acto organizado pola Federación Galega de Ciclismo (FGC) entregaranse as distincións aos triunfadores durante a pasada temporada tanto a nivel autonómico como estatal e homenaxearase a quince destacados membros relacionados con mundo da bicicleta en Galicia.

Tema: 

Mencións especiais na Gala do Ciclismo Galego 2016 deste sábado en Padrón





A Gala do Ciclismo Galego 2016 celebrarase este sábado, día 28 de xaneiro, a partir das 20:30 horas no Auditorio Centrosociocultural de Padrón, e haberá quince homenaxeados con Mencións Especiais:

Tema: 

A Gala do Ciclismo Galego festexará un 2016 cheo de medallas nos campionatos de España





Os nosos corredores bateron records nos campionatos de España durante o 2016. Unha inesquecible colleita de medallas que será festexada na Gala do Ciclismo Galego este sábado  a partir das 20:30 horas no Auditorio Centrosociocultural de Padrón. 

En dez citas estatais houbo representación galega no podio. Exercendo de anfitrións os nosos corredores foros profetas na súa terra nos campionatos de XCo en Maceda, rematando entre os tres primeiros en cinco carreiras, e sobre todo no de Descenso en Vigo con cinco títulos de campións, tres subcampionatos e un bronce. 

Tema: 

Os gañadores dos Rankings FGC serán galardoados este sábado na Gala do Ciclismo Galego





Preto de 50 ciclistas da nosa comunidade recibirán o seu recoñecemento este sábado na Gala do Ciclismo Galego, a partir das 20:30 no Auditorio Centrosociocultural de Padrón, por ter triunfado nos Rankings da Federación Galego de Ciclismo (FGC) durante o ano 2016.

Tema: