Eventos

Lista de premiados na Gala do Ciclismo Galego polos seus resultados no 2016





A Gala do Ciclismo Galego 2016 celebrarase o vindeiro sábado 28 de xaneiro, a partir das 20:30 horas no Auditorio Centrosociocultural de Padrón, e repartiranse galardóns por 110 resultados deportivos durante o pasado ano.

Este premios correspóndenlle aos gañadores dos Rankings da FGC 2016 en Estrada, BTT e Ciclocross; aos medallistas en Campionatos de España nos que os representantes galegos acadaron un total de 49 medallas; e aos dez corredores que ocuparon posicións de podio nas clasificacións xerais dos Opens e das Copas España.

Tema: 

Padrón acollerá o sábado 28 de xaneiro a Gala do Ciclismo Galego





A Federación Galega de Ciclismo celebrará o próximo sábado 28 de xaneiro en Padrón a gran festa anual do seu deporte. O Auditorio Centrosociocultural desta localidade coruñesa acollerá a Gala Ciclismo Galego 2016,  un acto que arrancará ás 20:30 horas e no que se entregarán as distincións aos gañadores da pasada temporada a nivel autonómico, estatal e internacional, e no que se homenaxeará a destacados membros do mundo da bicicleta en Galicia. 

Tema: 

A FGC dirixirá as actividades deportivas do Salón Atlantic Bike, a primeira feira da bicicleta en Galicia





A primeira feira integral adicada á bicicleta de Galicia Atlantic Bike Vigo terá lugar en Vigo do 8 ao 10 de xuño de 2017. Será un espazo adicado ao mundo da bicicleta nas súas máis variadas formas: deporte, mobilidade, forma de vida saudable, turismo, empresa e moitos aspectos máis estarán presentes nesta primeira edición xunto a demostracións e exhibicións. Tamén se realizarán actividades deportivas que correrán a cargo da Federación Galega de Ciclismo en calidade de dirección técnica. 

Tema: 

Presentada a cuarta etapa da Volta Ciclista a Galicia: Verín-Verín





A Casa da Cultura de Verín acolleu este venres a presentación oficial da cuarta etapa da Volta Ciclista a Galicia, Verín-Verín, que se celebrará o vindeiro sábado 17 de agosto.

Tema: 

A Volta a Galicia presentou en Noia unha das súas edicións máis ambiciosas





A conta atrás para o inicio da Volta a Galicia entra na súa recta final. A unha semana de que a decimoquinta edición desta rolda Elite e Sub23 arranque en Noia, esta vila coruñesa acolleu a Gala de Presentación no Teatro Coliseo Noela. Dezaoito equipos participarán do 14 ao 18 de setembro nunha proba que sete ano despois voltará a constar de cinco etapas e percorrerá as catro provincias autonómicas.

Tema: 

Presentada a terceira etapa da Volta a Galicia: Comarcas de Sarria - Sarria





Este venres, día 2 de setembro, tivo lugar a presentación da terceira etapa da vindeira edición da Volta Ciclista a Galicia.

O venres 16 de setembro o pelotón da rolda autonómica galega para corredores Elite e Sub23 disputará a xornada Comarcas de Sarria - Sarria.

No acto celebrado na Rúa Maior de Sarria participaron, entre outros, Darío Campos Conde, presidente de Deputación de Lugo; Pilar López Yáñez, alcaldesa de Sarria; Juan Carlos Muñiz, presidente da Federación Galega de Ciclismo; e Ezequiel Mosquera, exciclista profesional.

Tema: 

Resolución da contratación de servizos para a XV Volta Ciclista a Galicia





A adxudicación de servizos para a XV Volta Ciclista a Galicia, que se celebrará do 14 ao 18 setembro, foi a seguinte:

Infraestructura da chegada: EMESPORTS

Cronometraxe e clasificacións: EMESPORTS

Radio Volta: TRUEBA SPORT

Moto Enlace: MOTO VOLTA A GALICIA

Tema: 

Marín quentará motores para a Vuelta a España o domingo cun paseo en bicicleta





A saída este luns dende Marín da 3ª etapa da Vuelta Ciclista a España terá un aperitivo na véspera.

O domingo, a partir das 21:00 horas, todos aqueles que o desexen poderán gozar nesta localidade pontevedresa dun paseo en bicicleta polo percorrido neutralizado que horas máis tarde acollerá os instantes iniciais da xornada con final no Mirador do Ézaro.

 

Tema: 

Presentadas en Noia as dúas primeiras etapas da Volta a Galicia 2016





No mediodía deste mércores 10 de agosto tivo lugar no Concello de Noia a presentación das dúas primeiras etapas da Volta a Galicia, que terán inicio e final neste concello coruñés o 14 e o 15 de setembro.

Tema: