Eventos

Presentado o Campionato de España TR/XCe/XCo de Maceda





A Deputación de Ourense, como patrocinadora do Campionato de España de BTT que terá lugar do 15 ao 17 de xullo en Maceda, presentou esta mañá o evento, no Centro Cultural Marcos Valcárcel, coa presenza do seu presidente, Manuel Baltar, do alcalde do municipio de Maceda, Ruben Quintas, do secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete, do presidente da Federación Galega de Ciclismo, Juan Carlos Muñiz, e do coordinador do Club Ciclista Maceda, Xulio Conde, así como do ciclista local Pablo Rodríguez Guede.

Tema: 

Vigo inicia a conta atrás para os Campionatos de España e de Galicia de Descenso





O espectáculo da modalidade de Descenso en bicicleta de montaña volverá ter a Vigo como referencia. Do 15 ao 17 de xullo os Campionatos de España de DHi celebraranse na cidade olívica, que xa foi escenario de probas da Copa do Mundo. Este evento reunirá no circuíto de Fragoselo aos mellores riders do país e contará como aperitivo co campionato de Galicia que se disputará este próximo fin de semana. 

Tema: 

A Deputación de Ourense patrocina o Campionato de España de BTT TR/XCo/XCe





O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, asinou cos presidentes das federacións galega e española de ciclismo, Juan Carlos Muñiz e José Luis López Cerrón; co coordinador do Club Ciclista Maceda, Xulio Xosé Conde, e co alcalde da vila macedá, Rubén Quintas, o acordo de patrocinio por parte da institución provincial dos Campionatos de España BTT de Team Relay (TR), Cross Country Olímpico (XCO) e Cross Country Eliminator (XCE), que se disputarán os vindeiros días 15, 16 e 17 de xullo en Maceda.

Tema: 

A Federación Galega de Ciclismo colabora coa Pedaliña 2016





Esta fin de semana celébrase en Vigo A Pedaliña 2016, unha festa solidaria da bicicleta que na súa novena edición recadará fondos para UNICEF. O sábado pola tarde, o parque do Castro acollerá numerosas actividades lúdicas e formativas, para todos os públicos e todas as idades. O domingo, a organización espera uns 1.500 ciclistas na gran marcha con saída ás 11horas na Porta do Sol, previa inscrición na web de A Golpe de Pedal.

Tema: 

A Gala do Ciclismo Galego premiou aos mellores no 2015 e homenaxeou brillantes traxectorias





O ciclismo galego celebrou na noite do sábado a súa gran festa anual nun ateigado salón de convencións do edificio CINC da Cidade da Cultura en Santiago de Compostela. A Gala do Ciclismo Galego 2015, organizada pola Federación Galega de Ciclismo, galardoou aos corredores autonómicos máis destacados durante a pasada campaña e recoñeceu a traxectoria de deportistas e institucións polo importante papel que teñen xogado a prol do mundo da bicicleta nesta terra. 

Tema: 

A Cidade da Cultura será o escenario este sábado da Gala do Ciclismo Galego 2015





A Federación Galega de Ciclismo celebrará este sábado 27 de febreiro a gran festa anual do seu deporte. O salón de convencións do edificio CINC da Cidade da Cultura (Santiago de Compostela) acollerá a Gala do Ciclismo Galego 2015, un acto que arrancará ás 20:00 horas e no que se entregarán as distincións aos gañadores da pasada temporada a nivel autonómico, estatal e internacional, e no que se homenaxeará a dez destacados membros do mundo da bicicleta en Galicia. 

Tema: 

As primeiras Xornadas Galegas de Ciclismo celébranse na Estrada do 21 ao 23 de marzo





O Concello da Estrada, en colaboración cos Servicios Integrais de Formación (SIF), organiza do 21 ao 23 de marzo a primeira edición das Xornadas Galegas de Ciclismo.

Durante este tres días trataranse temas de seguridade vial , nutrición, adestramentos, ciclismo de ocio, de competición e medios de transporte.

Están abertas a todo o mundo e celébranse en días non leitivos para que tamén poidan asistir os rapaces e as rapazas das escolas de ciclismo.

Tema: 

Dez homenaxeados na Gala do Ciclismo Galego 2015 con Mencións Especiais





A Gala do Ciclismo Galego 2015 celebrarase o vindeiro sábado 27 de febreiro, a partir das 20:00 horas na Cidade da Cultura (Santiago de Compostela), e haberá dez homenaxeados con Mencións Especiais:

Tema: 

Relación de premiados na Gala do Ciclismo Galego 2015





A Gala do Ciclismo Galego 2015 celebrarase o vindeiro sábado 27 de febreiro, a partir das 20:00 horas na Cidade da Cultura (Santiago de Compostela), e serán premiados os seguintes deportistas polos seus resultados no pasado ano:

 

Tema: 

A Gran Bikedada e a Ruta da Merluza de Burela chegan por San Valentín





A segunda fin de semana de febrero tráenos dous eventos cicloturistas de BTT en Galicia. O domingo 14, día de San Valentín, celébrase no sur da nosa comunidade a Gran Bikedada e no norte a Ruta da Merluza de Burela.

Tema: