Extol - La Gramola Team, dominador total da Transgalaica 2018





Espectacular demostración de forza do equipo dezano Extol - La Gramola Team que levou os principais triunfos na última xornada da Transgalaica, celebrada en Ames coa organización de Os Esfola Arros e que lle serviron para culminar unha Transgalaica perfecta. Pleno fixeron na categoría absoluta onde Javi Busto e Esteban Sánchez repartíronse a vitoria nas catro probas disputadas e case pleno fixo Lara Lois en categoría feminina. Só Isabel Picoaga na Estrada impediu o pleno total. Como non podía ser doutra maneira na clasificación por equipos tamén levaron o gato á auga.

No resto de categorías os vencedores foron Daniel García nos juniors, Pérez Ovide en M50-60, Alex Trasbach en M40, Alejandro Paleo en M30 e Isa Picoaga en máster feminino. Sánchez e Lois ademais do triunfo absoluto tamén lograron a vitoria na categoría E/S23.

Con esta proba de Ames pechouse o circuíto Transgalaica 2018 marcado pola dura meteoroloxía e destacando polo alto nivel de participación tanto en número como en calidade. O último domingo de febreiro 2019 volverá acoller, como vén sendo habitual nos últimos anos, a cita inaugural da próxima tempada en Cerdedo-Cotobade.

 

 

 

Clasificacións

Fonte: Transgalaica