Faladoiro con convidados de renome para pechar as Xornadas Galegas de Ciclismo





Tema: 

As Xornadas Galegas de Ciclismo da Estrada chegaron onte ao seu fin tras un día intenso. Sen dúbida, a visita de Igor González de Galdeano, xefe deportivo do equipo Euskaltel no 2005, terceiro nun mundial na modalidade de contrarreloxo ou quinto clasificado no Tour de Francia do 2002, xerou moita expectación. O vasco falou pola mañá sobre técnicas e tácticas do ciclismo na estrada e pola tarde de métodos de adestramento.

Tampouco pasou desapercibido o Calibix, unha ferramenta creada por José Luis Fernández, que presentou o dispositivo, e Jon Oregi . O sistema deseñado por estes dous homes permite mellorar a posición do ciclista sobre a súa bicicleta. Para pechar o evento entregáronse os diplomas aos asistentes, pero antes celebrouse un dos actos máis esperados.

O presentador Terio Carrera foi o encargado de moderar unha mesa redonda pola que pasaron nomes reconocibles como Óscar Pereiro, Ezequiel Mosquera, Manuel Blanco ou Gustavo César Veloso. Finalmente non puideron asistir Álvaro Pino, Marcos Serrano nin os ciclistas locais.

Fonte: http://www.lavozdegalicia.es/noticia/deza/a-estrada/2016/03/24/tertulia-invitados-renombre-cerrar-xornadas-galegas-ciclismo/00031458769452726946148.htm