A Federación Galega de Ciclismo celebra este sábado a súa Asamblea Xeral Ordinaria





Conforme ao disposto no artigo 10 dos Estatutos da Federación Galega de Ciclismo (FGC), convócase á Asemblea Xeral ordinaria, que terá lugar o sábado día 15 de outubro ás 16,30 horas en primeira convocatoria e ás 17,00 h. en segunda convocatoria no Hotel Congreso, sito en rúa dás Mamoas de Montouto 4, na estrada de Santiago á Estrada coa seguinte Orde do Día:

 

1.- Aprobación, se procede, das actas das Asembleas de datas 20 de febreiro e 30 de xullo.

2.- Informe do Presidente.

3.- Aprobación, se procede, do calendario de ciclocross 2016-2017.

4.- Aprobación, se procede, da Normativa Técnica de ciclocross 2016-2017.

5.- Estudo e aprobación, se procede, da nova taxa arbitral para ciclocross 2016-2017.

6.- Rogos e preguntas.