Federación

Proclamación definitiva de asambleístas





No día de hoxe seguindo o calendario electoral, dáse publicación á proclamación definitiva de membros da Asemblea Xeral. Todos os asambleístas deberán tomar posesión no prazo de 5 días hábiles, do 20 ao 26 de novembro, enviando o modelo oficial dirixido a Xunta Electoral. O calendario electoral marca o mesmo prazo, do 20 ao 26 de novembro para a presentación de candidaturas a Presidente e Comisión Delegada.


Proclamación provisional membros Asamblea da FGC





Hoxe, 12 de novembro, en cumprimento do calendario electoral, procédese á publicación provisional de membros electos da Asemblea da Federación Galega de Ciclismo polos estamentos de clubs, deportistas, técnicos e árbitros. Expóñense tamén os resultados das votacións e as actas de escrutinio da xornada electoral celebrada o sábado pasado.


Xornada electoral na FGC o sábado 10 de novembro





En cumprimento do cap. V, art.9 do Regulamento Electoral, o vindeiro sábado 10 de novembro terán lugar as votacións para a elección de membros da asemblea da FGC en horario de 10.00 a 14.00 horas. Santiago de Compostela para a circuscripción de Coruña e Vigo para a de Pontevedra serán as localidades para a ubicación das mesas electorais.

 

Clubes e deportistas da circunscripción da Coruña:

Na sede da Secretaría Xeral para o Deporte, sita na rúa Madrid 2-4º. Fontiñas, Santiago de Compostela

 


Publicación provisional candidatos membros Asamblea Xeral





Hoxe, 10 de outubro, en cumprimento do Calendario Electoral, procédese á publicación provisional de candidaturas a membros da Asemblea Xeral da Federación Galega de Ciclismo polos estamentos de clubs, deportistas, técnicos e árbitros. O prazo para presentar reclamacións comeza o xoves, 11 ata o luns, 15 de outubro, utilizando o modelo oficial que atoparán no menú de Procesos Electorais. http://www.fgalegaciclismo.es/procesos-electorais ou Eleccións 2018.


Prazo presentación candidaturas á Asamblea Xeral da FGC





Desde este venres, 5 de outubro ás 00:00 horas ata o martes, 9 de outubro ás 14:00 horas ábrese o prazo de presentación de candidaturas a membros da Asemblea Xeral da Federación Galega de Ciclismo polos estamentos de clubs, deportistas, técnicos e árbitros.


Reunión de traballo entre a DXT e a Federación galega





Esta pasada semana tivo lugar unha reunión de traballo entre os responsables técnicos da FGC e os directivos da DXT en Galicia co gallo de tratar a nova INSTRUCIÓN 18/TV-101 que regula os eventos deportivos na vía pública.

A reunión programada tivo lugar nas dependencias da DXT na Coruña e nela estiveron presentes a directora da DGT para Galicia María Vitoria Dobarro; o tenente coronel e xefe da garda civil de tráfico de Galicia, o capitán Jesús Do Río, Rafael Araujo xefe de sección ademáis de Guillermo Sande e Juan Carlos Muñiz cda FGC.


Celebrada a Asemblea Xeral da FGC con novidades nas Normativas Técnicas 2018





Onte sábado, 10 de febreiro, a Federación Galega de Ciclismo celebrou a súa Asamblea Xeral Ordinaria. A sesión arrincou coa aprobación do acta da reunión anterior. En segundo lugar, deuse paso á exposición das contas anuais do exercicio 2017 coa súa aprobación por maioría de votos. O terceiro punto do orde día, o máis extenso da sesión, o estudo das Normativas Técnicas, nas cales quedaron aprobadas as seguintes novidades:


Todos os certames da FGC pasan a chamarse Copa Galicia e estrean logotipos





Co obxectivo de unificar a imaxe corporativa das competicións da Federación Galega de Ciclismo (FGC), todos os circuítos puntuables adoptan este ano a denominación de Copa Galicia, ao igual que se viña facendo nas disciplinas de Ciclocross e Estrada. O antigo Open de Galicia pasa a chamarse Copa Galicia BTT.  Unha das novidades no deseño dos logotipos é a cor amarela da Copa Galicia de Estrada. 


Acordo de colaboración entre as Federacións Galegas de Triatlón e Ciclismo





As Federacións Galegas de Tríatlon e Ciclismo asinaron o pasado día 3 de xaneiro un convenio de colaboración, para que as e os deportistas con licenza federativa de unha poidan participar en probas do calendario da outra federación. Este acordo resulta  beneficioso dende o punto de vista económico para os deportistas e abre uns lazos de colaboración entre ambas institucións, que poderán ir medrando no futuro.

Neste acordo, vixente para o ano 2018, establecéronse cales serán as probas abertas a deportistas da outra federación e cales son as condicións.


DisCamino recibiu os chalecos da campaña #eufágomever





Os integrantes da Asociación DisCamino serán a partir de agora máis visibles nas estradas. A Federación Galega de Ciclismo encargouse de entregarlles os chalecos reflectantes da campaña #eufágomever #eusonciclista, a iniciativa impulsada polo ente autonómico en colaboración coa Consellería de Infraestruturas da Xunta de Galicia, a Delegación do Goberno, a Garda Civil de Tráfico de Galicia e a Dirección Xeral de Tráfico (DGT).