O deputado responsable da área de Deportes da Deputación da Coruña, José García Liñares, asinou un convenio de colaboración co presidente da Federación Galega de Ciclismo, Juan Carlos Muñiz Nieto, mediante o cal a institución provincial destina 86.500 euros para financiar actividades de promoción do ciclismo na provincia.
A subvención provincial supón preto do 80% dos gastos anuais da federación para este tipo de actividades, que inclúen a Volta Ciclista á Provincia da Coruña, o Open Deputación da Coruña de BTT ou o Circuíto de Ruta.