Federación

As Federacións Deportivas denuncian a pouca inversión da Xunta de Galicia no deporte galego





As Federacións Deportivas denuncian a póuca inversión da Xunta de Galicia no deporte galego
Para o ano 2017 só se destiñan o 0,22% dos orzamentos totais para o deporte galego
Nos últimos 8 anos o deporte galego baixou mais do 50%.

No día de hoxe celebróuse unha xuntanza en Santiago de Compostela á que acudiron una ampla representación de Federacións Deportivas Galegas para tratar asuntos comúns que lles preocupan.


O Comité Técnico de Árbitros da FGC celebrou a súa xuntanza anual





O Comité Técnico de Árbitros da Federación Galega de Ciclismo (FGC) analizou a pasada temporada e preparou o arranque da nova na súa reunión anual. 

A cita tivo lugar no salón de actos do Hotel Congreso, que rexistrou un cheo absoluto, e celebrouse este sábado, un día ante da primeira competición oficial do curso 2017. 

Iván Lorenzo, presidente do CTA, abriu a xornada presentando o informe para facer balance do ano 2016. A continuación interviu Juan Carlos Muñiz, presidente da FGC, e o último punto do día foi o de rogos e preguntas. 


Juan Carlos Muñiz representará á RFEC na Mesa Española de la Bicicleta





Unha vez constituída o pasado sábado a nova xunta directiva da Real Federación Española de Ciclismo (RFEC), Juan Carlos Muñiz estrearase como representante deste organismo na xuntanza da Mesa Española de la Bicicleta que se celebrará este mércores día 8 de febreiro. O presidente da Federación Galega de Ciclismo (FGC) participará nunha reunión na que tamén estará presente o novo director xeral de Tráfico, Gregorio Serrano. 


Juan Carlos Muñiz será membro da Comisión Delegada da Real Federación Española de Ciclismo





Este sábado celebrouse en Madrid a Asamblea General Extraordinaria da Real Federación Española de Ciclismo (RFEC) na que José Luis López Cerrón foi reelixido como presidente ata o ano 2020. O único candidato recibiu o apoio maioritario con 84 votos a favor, tres nulos e tres abstencións. A continuación procedeuse á elección dos quince membros da Comisión Delegada da Asamblea e un deles será Juan Carlos Muñiz, presidente da Federación Galega Ciclismo (FGC).


O meu motivo, a miña historia… #EUSONCICLISTA #YOSOYCICLISTA





Porque todos temos a nosa pequena gran historia ciclista e compartimos un ADN común… Únete ao #MovementoCiclista #MovimientoCiclista

Todos formamos parte da comunidade ciclista. Os que compiten, os que rodan máis tranquilos, os que se divirten e gozan entre amigos... Únete á familia ciclista e descubre os beneficios.


Campaña de captación de Xuíces Árbitros





A Federación Galega de Ciclismo (FGC) informa a todas as persoas interesadas en exercer de Xuíz Árbitro de Ciclismo, que xa poden solicitar a súa licencia para ser Aspirante e comezar a asistir a aquelas probas que lle sexan asignadas. Este período de aprendizaxe para adquirir experiencia e ir coñecendo dende dentro a tarefa arbitral ten unha duración mínima dun ano.


Acordos da Asemblea Xeral da FGC





O pasado sábado celebrouse no Hotel Congreso de Teo a Asemblea Xeral Ordinaria da Federación Galega de Ciclismo (FGC). Tras seis horas de reunión alcanzáronse os seguintes acordos:


Carta aos Asembleístas da FGC





Estimado Asembleísta:

Este próximo sábado, 10 de decembro, ás 16:30 terá lugar a próxima Asemblea Xeral Ordinaria da Federación Galega de Ciclismo. Na orde do día teremos varios puntos que directamente están relacionados co seguro de accidentes asociado a cada licencia segundo o Real Decreto 849/1993 e as súas obrigacións podes consultalas neste link: http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1993-16129


Asembleístas que representarán a Galicia na Asamblea General RFEC 2017-2020





A Real Federación Española de Ciclismo (RFEC) publicou a lista definitiva de membros electos polos distintos estamentos á Asamblea General que se constituirá, con carácter extraordinario, o sábado 17 de decembro, para a elección de presidente e de membros da Comisión Delegada para o período 2017-2020.

Os representantes galegos nesta asemblea serán: 

Presidente FF.AA Galicia

Juan Carlos Muñiz Nieto

 

Estamento de Clubes Olímpicos

Bici Verde C.C.

Ourensano C.C.


Convenio co Centro Lug2





A Federación Galega de Ciclismo vén de pechar un convenio de colaboración con sport-Lug2, o programa destinado a federacións deportivas e clubes deportivos legalmente constituídos para que poidan facer a un baixo custo xornadas, encontros, avaliacións, programacións... etc etc na cidade de Lugo

O Centro Lug2 abre as súas portas ao deporte para servir de apoio ás concentracións deportivas para a mocidade galega e de fóra de Galicia.