Federación

Acordos da Asemblea Xeral da FGC





O pasado sábado celebrouse no Hotel Congreso de Teo a Asemblea Xeral Ordinaria da Federación Galega de Ciclismo (FGC). Tras seis horas de reunión alcanzáronse os seguintes acordos:


Carta aos Asembleístas da FGC





Estimado Asembleísta:

Este próximo sábado, 10 de decembro, ás 16:30 terá lugar a próxima Asemblea Xeral Ordinaria da Federación Galega de Ciclismo. Na orde do día teremos varios puntos que directamente están relacionados co seguro de accidentes asociado a cada licencia segundo o Real Decreto 849/1993 e as súas obrigacións podes consultalas neste link: http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1993-16129


Asembleístas que representarán a Galicia na Asamblea General RFEC 2017-2020





A Real Federación Española de Ciclismo (RFEC) publicou a lista definitiva de membros electos polos distintos estamentos á Asamblea General que se constituirá, con carácter extraordinario, o sábado 17 de decembro, para a elección de presidente e de membros da Comisión Delegada para o período 2017-2020.

Os representantes galegos nesta asemblea serán: 

Presidente FF.AA Galicia

Juan Carlos Muñiz Nieto

 

Estamento de Clubes Olímpicos

Bici Verde C.C.

Ourensano C.C.


Convenio co Centro Lug2





A Federación Galega de Ciclismo vén de pechar un convenio de colaboración con sport-Lug2, o programa destinado a federacións deportivas e clubes deportivos legalmente constituídos para que poidan facer a un baixo custo xornadas, encontros, avaliacións, programacións... etc etc na cidade de Lugo

O Centro Lug2 abre as súas portas ao deporte para servir de apoio ás concentracións deportivas para a mocidade galega e de fóra de Galicia.


A FGC únese á campaña #porunaleyjusta





Anna González perdeu ao seu marido na estrada cando foi atropelado por un coche mentres circulaba en bicicleta. Este sinistro foi considerado unha imprudencia leve, unha Falta, e aplicando a última reforma penal, na que se suprimiron as Faltas, a Xuíza decidiu arquivar a Causa Penal. 


A Federación Galega de Ciclismo celebra este sábado a súa Asamblea Xeral Ordinaria





Conforme ao disposto no artigo 10 dos Estatutos da Federación Galega de Ciclismo (FGC), convócase á Asemblea Xeral ordinaria, que terá lugar o sábado día 15 de outubro ás 16,30 horas en primeira convocatoria e ás 17,00 h. en segunda convocatoria no Hotel Congreso, sito en rúa dás Mamoas de Montouto 4, na estrada de Santiago á Estrada coa seguinte Orde do Día:

 

1.- Aprobación, se procede, das actas das Asembleas de datas 20 de febreiro e 30 de xullo.

2.- Informe do Presidente.


Apertura do prazo de presentación de candidaturas para os distintos estamentos da Asamblea Xeral da RFEC





Dende este mércores 28 de setembro queda aberto o prazo de presentación de candidaturas para os distintos estamentos da Asamblea Xeral da Real Federación Española de Ciclismo (RFEC)

Información sobre o proceso electoral


Keepgoing, novo patrocinador da Federación Galega de Ciclismo





A firma de nutrición deportiva Keepgoing súmase  ao grupo de patrocinadores da Federación Galega de Ciclismo (FGC).

Grazas a este acordo de colaboración, os corredores convocados pola FGC para as distintas competicións nas que participa a Selección de Galicia recibirán os produtos de Keepgoing a prezo de custo e o resto de federados terán un 10% de desconto.

"O deportista máis esixente, a nosa fonte de inspiración" é o lema desta empresa creada no 2004.


Convenio da Federación Galega de Ciclismo e Ambulancias do Nordés





A Federación Galega de Ciclismo  (FGC) e Ambulancias do Nordés S.L. veñen de asinar un acordo que ofrece novas tarifas e unha cobertura máis amplia.

Este convenio abrangue as catro provincias, incluíndo a de Lugo que non entraba no anterior.

 

As tarifas para este ano 2016 serán as seguintes:

AMBULANCIA ASISTENCIAL CON CONDUTOR E TÉCNICO EN EMERXENCIAS

PREZO POR HORA.

Menos de 6 horas a : 50 € h

Superior a 6 horas a : 45 € h