Federación

Convenio da Federación Galega de Ciclismo e Ambulancias do Nordés





A Federación Galega de Ciclismo  (FGC) e Ambulancias do Nordés S.L. veñen de asinar un acordo que ofrece novas tarifas e unha cobertura máis amplia.

Este convenio abrangue as catro provincias, incluíndo a de Lugo que non entraba no anterior.

 

As tarifas para este ano 2016 serán as seguintes:

AMBULANCIA ASISTENCIAL CON CONDUTOR E TÉCNICO EN EMERXENCIAS

PREZO POR HORA.

Menos de 6 horas a : 50 € h

Superior a 6 horas a : 45 € h

 


A Xunta colabora coa Federación Galega de Ciclismo para repartir este verán 1.000 cortaventos reflectores que garantan a visibilidade dos deportistas nas estradas e aumenten a súa seguridade





Vázquez Mourelle destaca que esta colaboración é froito do diálogo e da preocupación prioritaria do Goberno galego pola seguridade viaria

Salienta que a protección dos usuarios vulnerables das estradas é un obxectivo estratéxico do Plan de Seguridade Viaria 2016-2020 aprobado pola Xunta
 


A Xunta asinará un convenio coa Federación Galega de Ciclismo para distribuír 1.000 cortaventos reflectantes que fagan aos deportistas máis visibles nas estradas





A Coruña, 3 de maio de 2016.- A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, avanzou hoxe que a Xunta asinará proximamente un convenio de colaboración coa Federación Galega de Ciclismo para a distribución de, polo menos, 1.000 cortaventos reflectantes que contribúan á visibilidade destes deportistas nas estradas.


Ciclismo e Tríatlon únense este domingo para homenaxear ás vítimas do accidente de A Guarda





A Federación Galega de Ciclismo (FGC) e a Federación Galega de Tríatlon (FEGATRI) fan un chamamento a todos os usuarios da bicicleta para que se sumen este domingo 1 de maio á 'Marcha homenaxe ás vítimas do accidente de A Guarda'.


Entrevista a Juan Carlos Muñiz despois da xuntanza coa conselleira de Infraestructuras e os clubes sobre a PO-552





Entrevista a Juan Carlos Muñiz, presidente da Federación Galega de Ciclismo, en Deportes Cope Vigo/Pontevedra despois da xuntanza con Ethel Vázquez, conselleira de Infraestructuras, e varios clubes para analizar a estrada P0-552, onde aconteceu o tráxico accidente de A Guarda.

Para escoitala pincha no seguinte enlace e atópaa a partir do minuto 21:30: http://www.cope.es/player/dep23marzovigo16&id=2016032316050001&activo=10

 


A Xunta trasládalle ás agrupacións de ciclistas a vontade de colaborar para acadar un deseño do carril bici da PO-552 que satisfaga a todos os usuarios vulnerables





Vigo, 22 de marzo de 2016.- A Xunta de Galicia trasladoulles hoxe ás agrupacións de ciclistas a vontade de colaborar par acadar un deseño do carril bici da PO-552 que satisfaga a todos os usuarios desta vía. A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, acompañada do director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez, e do delegado da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, mantivo esta tarde un encontro con representantes de distintas asociacións de ciclistas.


A Federación Galega de Ciclismo abre a súa tenda online





Todos os afeccionados ao ciclismo xa contan cun espazo na web da Federación Galega para mercar as equipacións oficiais da Selección Galega así como diferentes complementos e merchandising coa nova imaxe do ciclismo galego. Nesta tendas poderedes atopar tarifas especiais para os abonados.

Rexístrate e comeza a gozar dos teus descontos: http://tienda.fgalegaciclismo.es/


Goza coas vantaxes do Carnet Ciclista





A Federación Galega de Ciclismo, en colaboración coa RFEC, pon en marcha o Carnet Ciclista, unha iniciativa pensada para todas aquelas persoas que conciben a práctica ciclista como unha actividade de lecer e tempo libre. Trátase dun carné dixital para afeccionados que compiten de forma ocasional, gozan da bicicleta en familia e con amigos, ou a usan como medio de transporte.


Aprobados a maioría dos puntos na Asemblea Xeral Ordinaria da Federación Galega de Ciclicmo





A Asemblea Xeral amosou o seu apoio á maioría das cuestións que se someteron a votación na xuntanza ordinaria da Federación Galega de Ciclismo celebrada onte, sábado 20 de febreiro, no Hotel Congreso. Entre outros puntos, foron aprobados o orzamento, as taxas arbitrais e o calendario para o 2016. A proposta que non obtivo o respaldo suficiente foi a resolución do expediente da bicicleta entregada por Carlos Moure.