FEIJOO E TRABAZO, CAMPIÓNS DE GALICIA DE CICLOCRÓS 2018





Modalidades: 

Iván Feijoo (Maceda) e Irene  Trabazo (Marin) coroáronse como Campións de Galicia de ciclocrós na carreira disputada na localidade Pontevedresa de Ciclocrós. Saúl López (Maceda) e Lucía Vázquez (Prorebordosa) tamén brillaron na cita autonómica apenas dez días antes da celebración na capital do Lérez do Campionato de España da especialidade. 

Organizado polo Club Deportivo  Pinarium e a  FGC, o Campionato de Galicia pechou o ano 2018 outorgando ata un total de 16 títulos no circuíto do hipódromo de  Campañó. Ante a presenza dun numeroso  e animado público, as carreiras resultaron un gran espectáculo deportivo favorecido por un trazado de 2.500 metros apenas castigado polas choivas e que permitiu unhas carreiras moi rápidas e disputadas. Facía moito tempo que un clube non conseguía a victoria nas catro categorías absolutas masculinas, algo que nesta edición fixeron os corredores do Maceda que lograron gañar en élite, sub23, junior e cadetes.

A categoría  sub23 marcou os tempos de carreira da proba reina con Iván Feijoo (Maceda) como gran dominador de principio a fin. Tan só Samuel González (Guerciotti) puido plantar cara ao de Allariz aínda que nas últimas voltas non lle foi posible seguir o seu ritmo. Adrián Barros (Ponteraeas) bastante tivo con defender o seu terceiro posto no podio debido ás molestias que arrastra nas últimas dúas semanas. A elite masculina estivo dominada por Saúl López (Maceda) que en Pontevedra sumou a "Triple Coroa" co terceiro título autonómico da tempada e de toda a súa carreira ao sumar os campionatos de ciclocrós aos de cros  country e maratón conseguidos no verán. Adrián  Valverde (Rías Baixas) tivo que conformarse coa prata ante o empuxe do monfortino  a quen cedeu o título que lograse o pasado ano. O ciclista que fose gañador de volta a Galicia e Volta a Coruña en 2017, o padróns Martín  Lestido, colgouse o bronce da proba.

Unha aparatosa caída sufrida por Irene  Trabazo (Marin) a piques de custarlle o título á marinense. A pesar de todo, a marxe de recuperación permitiulle remontar posicións rapidamente e facerse coa vitoria pero abandonando o recinto con molestias que se confían non lle afecten de fronte ao próximo Campionato de España. A gañadora da Copa Galicia 2018,  Zaida González (Roseira) e Marta Vila (Xtrembike) secundaron á de Marín no podio. En categoría elite feminina, a Lucía Vázquez (Prorebordosa) valeulle con cobrar unha mínima vantaxe sobre Mª José Gómez (Cambre) para dosificar o seu esforzo e revalidar o seu título como Campioa de Galicia. A veterana Mª Jesús Barros (Spol) foi terceira.

Carlos Canle (Maceda) pola súa banda non tivo problemas e permitiuse dar un auténtico recital para sumar un novo campionato ao seu  palmarés. Canle tardou dúas voltas en desfacerse do seu principal rival, o vigués Jorge Fernández (Ponteareas) que optou por non sacrificar esforzos tentando seguir ao de Xinzo e manter un meritorio subcampeonato no ano do seu debut na categoría  junior. Borja  Lorenzo (Fundación Óscar Pereiro) selou unha tempada na que foi de menos a máis cun meritorio terceiro posto.

Carla Fernández (Meruelo) chegou ao Campionato de Galicia en mellores condicións que os seus rivais e iso notouse na carreira, a viguesa do conxunto cántabro pegouse á roda de Irene  Trabazo na saída e o seu rebufo afastouna do dúo  macedano composto por  Noela  Saa e Andrea García.  Saa, que ao cabo sería subcampioa, estaba afectado dun proceso gripal sufrido nos últimos días e que lle paso factura. Para García, gañadora da Copa Galicia, a tempada está a resultarlle longa e a terceira praza do Campionato é unha proba diso.

Martín González (Maceda) e Laura Capa (Marín) venceron nunha categoría cadete na que o máis destacado foi a caída de Miguel Rodríguez (Ponteareas) a poucos metros da saída quitando toda posibilidade de repetir título a un dos principais favoritos.

Nas categorías de  master, Alejandro  Mesias (Quintena) volveu deixar sen premio a  Andrés  Calvete (Monte  Xalo) en  master 30 mentres Manuel Armada revalidaba o título para o conxunto do  AGC- Cidade de Santiago sumándose ao logrado polo seu compañeiro Juan Belo na pasada tempada. Marcial Rodríguez tamén repetiu título en  master 50 e Manuel González (Bici Ou Con) estreaba o  palmarés do ciclocrós galego na categoría  master 60. A  master 30 Montserrat Martínez (Oiense) e a  master 40, Sonia Costoya (Corbelo) vestiron a últimos camisola do ano como Campioas de Galicia.

O acto oficial de entrega de trofeos e medallas estivo presidido polo Delegado Provincial de Deportes @de la Xunta, Daniel Benavides; a concelleira de deportes do  Concello de Pontevedra,  Anxos  Riveiro, o presidente da  FGC, Juan Carlos Muñiz, e o responsable do club organizador, Pablo  Beis.

©Foto: Luz Iglesias

PODIOS CAMPIONATO DE GALICIA CX 2018

CAT

CICLISTA

CLUB

BETANZOS

ELITE

Saúl López

Maceda

Adrián Valverde

Rías Baixas

Martín Lestido

GD Froiz

 

CAT

CICLISTA

CLUB

BETANZOS

SUB23

 

Iván Feijoo

Maceda

Samuel González

Guerciotti

Adrián Barros

Ponteareas

 

CAT

CICLISTA

CLUB

BETANZOS

ELITE F

Lucía Vázquez

Prorebordosa

Mª José Gómez

Cambre

Mª Jesús Barros

Spol

 

CAT

CICLISTA

CLUB

BETANZOS

SUB23

F

Irene Trabazo

Marín

Zaida González

O Rosal

Marta Vila

Xtrembike

 

CAT

CICLISTA

CLUB

BETANZOS

JR

Carlos Canal

Maceda

Jorge Fernández

Ponteareas

Borja Lorenzo

Fundación

 

CAT

CICLISTA

CLUB

BETANZOS

JR F

Carla Fernández

Meruelo

Noela Saa

Maceda

Andrea García

Maceda

 

CAT

CICLISTA

CLUB

BETANZOS

CD

Martín González

Maceda

Fabián Rodríguez

Caimanes

Zoe del Río

Marín

 

CAT

CICLISTA

CLUB

BETANZOS

CD F

Laura Capa

Marin

Zaira Vila

Coruxo

Sonia Domínguez

Marín

 

CAT

CICLISTA

CLUB

BETANZOS

M3 F

Montserrat Martínez

Oiense

 

CAT

CICLISTA

CLUB

BETANZOS

M3

Alejandro Mesias

Quintena

Andrés Calvete

Monte Xalo

Oscar Vázquez

OVC Bikes

 

CAT

CICLISTA

CLUB

BETANZOS

M4 F

Sonia Costoya

Corbelo

Natalia raña

Corbelo

Mónica Alarcón

Arcadecycles

 

CAT

CICLISTA

CLUB

BETANZOS

M4

Manuel Armada

AGC

Alejandro Trasbach

Racing

José Antonio Pazos

Chantadino

 

CAT

CICLISTA

CLUB

BETANZOS

M5

Marcial Rodríguez

Quebici

José Mª Magariños

Condado

Manuel Castro

Barbanzabike

 

CAT

CICLISTA

CLUB

BETANZOS

 

Manuel G. Ojea

Bici o Con

M6

Antonio J. Fernández

Cambre

José Manuel González

Maceda