Felipe Orts (Delikia) e Lucia González (Nesta) dan o seu mellor nivel no Cx Internacional de Marín





Modalidades: 

O ciclista alacantino Felipe Orts (Ginestar Delikia) foi o mellor sobre o barro de Marin. Orts completou as voltas ao circuíto de Chan de Xaxán cun ritmo ao que só puido responder desde a distancia Kevin Suarez (Nesta). Orts sumou así os seus primeiros puntos UCI coa vista posta na súa próxima cita internacional en Ardooie (Bélxica). A experiencia de Javier Ruiz de Larrigana (Zuiano) permitiulle ir de menos a máis en carreira e superar por escasa marxe ao galego Iván Feijoo (Maceda) co que mantivo un intenso duelo. Feijoo (Maceda) foi o mellor sub 23 no Ciclocros Internacional de Marín superando en liña de meta ao vixente Campión de España da especialidade, o cántabro Ismael Esteban. Outro especialista como Daniel Ania (Nesta) espero ao seu momento para buscar os postos altos da clasificación superando ás ilusións da armada local. O trio composto por Adrián Barros (Ponteareas) lastrado por unha picada, Adrián Valverde (Rías Baixas) e Samuel González (Guerciotti Kiwi Atlántico) movéronse con solvencia no grupo de dez elixidos que puido acabar a proba na mesma volta que Orts.

En mulleres a mellor foi Lucía González (Nesta- MMR) que protagonizou un pechado duelo con Aida Nuño (Rio Miera) a quen avantaxo por escasos segundos. Ambas as ciclistas parecen chamadas a repetir este particular enfrontamento ao longo da tempada. Paula Díaz (Rio Miera) foi terceira en meta e primeira sub 23, categoría na que superaba á ciclista local Irene Trabazo (Marín) a quen os seus seguidores levaron polo aire sobre os dous quilómetros e medio do circuíto do Xaxán ata a quinta praza absoluta. No seu retorno á competición do ciclocrós, Desiree Duarte (Condado) completou o podio sub 23 da xornada como terceira clasificada.

As ciclistas de categoría junior tamén formaron parte do pelotón absoluto feminino e neste tramo de idade foi a vixente campioa de España, Maria Parajón (MP Spiuk) quen se impuxo ás galegas Carla Fernández (Río Miera) e Noela Saa (Maceda) no que supuxo a volta ao barro da ourensá. Gonzalo Iguanzo e Marc Cabedo (Ginestar Delikia) fixeron dobrete para a formación de Alcoy en categoría junior. O líder da Copa Galicia de ciclocrós, Jorge Fernández (Ponteareas) foi terceiro.

O Campión de España superado

Os cadetes puxeron emoción á xornada. Miguel Rodríguez (Ponteareas) soubo xestionar á perfección os tempos de carreira tras unha saída explosiva á que respondeu o Campión de España, Alain Suarez (Meta). Sen poder despegarse do novo valor do Bicicletas Meta, o ponteareán optou por poñerse á súa roda ata o esforzo final no que logrou superalo na recta de meta e batelo con suficiencia. Máis axustado estivo o terceiro caixón do podio ao que subiu Fabián Rodríguez (Caimanes) ao vencer no sprint a Sergio Pena (Avanza) por medio tubular.

A pontevedresa Laura Capa (Marín) sumou un novo triunfo e fíxoo debutando en Marin como compoñente do equipo local. Capa venceu con marxe ao superar en máis dun minuto a Zaira Vila (Coruxo) e á súa compañeira na formación marinenese, Sonia Domínguez que completou o podio.

Nas categorías de master a igualdade está á orde do día. Con participación netamente luso/galaica nesta cita internacional c2 de Marín, volveu vencer o portugués Antonio Sousa ( Bifase) na categoría dos 50. Sousa estivo presionado en todo momento por Mario Castro (Cortizo) que foi segundo a escasa distancia. A terceira praza foi para Javier de la Fuente ( Norinver).

Nas mulleres o dominio foi para Isabel Castro (Condado), unha master 40 con nivel de elite que venceu en Marin á líder da Copa Galicia master 30, Montse Martínez (Saertex). Mónica Alarcón (Arcadecycles) alcanzou o terceiro posto e o liderado da Copa en master 40.

Alejandro Trasbach (Racing) e Marcos Maio ( Btt Treito) protagonizaron outro intenso duelo en master 40 con vitoria final para o de Boiro. Unha gran carreira de Vicente Alló (Chantadino) lle encumbro ao terceiro posto superando ao líder da Copa Galicia, Xacob Agra (Master dá Louriña) que salvou a xornada coa súa cuarta praza.

Quen non afrouxa a súa ditadura esta tempada en master 30 é o ciclista de Monte Xalo, Andrés Calvete que nesta ocasión atopou en Óscar Vázquez (OVC Bikes) ao seu rival máis incisivo. O de Vilaboa foi segundo pero deixou mostras de que a súa reconversión á categoría master permitiralle seguir sendo competitivo con menor esixencia de adestramento. Luciano Carretero (Cambre) foi terceiro.

O tenente de Alcalde de Marín, Manuel Santos e o concelleiro de deportes, Antonio Traba, presidiron o acto protocolario de entrega de premios que puxo o punto final ao Ciclocrós Internacional de Marín que iniciou a súa andaina no calendario de competición europeo e cuxo circuíto en Chan de Xaxán deixou unha grata impresión aos participantes.

PODIO

M 5/6

ANTONIO SOUSA

Bifase

 

 

MARIO CASTRO

Cortizo

 

 

JAVIER DE LA FUENTE

Norinver

 

 

 

M4

ALEJANDRO TRASBACH

Racing

ISABEL CASTRO

Condado

MARCOS MAYO

Btt Treito

MONICA ALARCÓN

Arcadecycle

VICENTE ALLÓ

Chantadino

 

 

 

M3

ANDRES CALVETE

Monte Xalo

MONTSERRAT MARTÍNEZ

Saertex

OSCAR VÁZQUEZ

OVC Bikes

 

 

LUCIANO CARRETERO

Cambre

 

 

 

CD

MIGUEL RODRÍGUEZ

Ponteareas

LAURA CAPA

Marin

ALAIN SUAREZ

Bicis Meta

ZAIRA VILA

Coruxo

FABIÁN RODRÍGUEZ

Caimanes

SONIA DOMÍNGUEZ

Marin

 

JR

GONZALO IGUANZO

Delikia

MARIA PARAJÓN

MP Spiuk

MARC CABEDO

Delikia

CARLA FERNÁNDEZ

Río Miera

JORGE FERNÁNDEZ

Ponteareas

NOELA SAA

Maceda

 

S 23

IVAN FEIJOO

Maceda

PAULA DÍAZ

Rio Miera

ADRIÁN BARROS

Puenteareas

IRENE TRABAZO

Marin

SAMUEL GONZÄLEZ

Guerciotti

DESIREE DUARTE

Condado

 

ELITE

FELIPE ORTS

Delikia

LUCIA GONZÁLEZ

Nesta MR

KEVIN SUÁREZ

Nesta MMR

AIDA NUÑO

Río Miera

JAVIER RUIZ

Zuiano

SANDRA TREVILLA

Río Miera

 

Foto ©Fotocarlosgrafias