Novas

Curso de Director Deportivo do Nivel 2





A Federación Andaluza de Ciclismo convoca un curso de Entrenador Deportivo de Ciclismo Nivel 2 ao que poden inscribirse todos aqueles interesad@s que cumpran cos requisitos esixidos. 

A formación presencial en Antequera, o sábado 7 de marzo, NON É OBRIGATORIA.


Subvencións a clubs deportivos que participen en competicións federadas de ámbito inferior a nacional para o ano 2020





Convocatoria de subvencións da Deputación de Pontevedra para clubs deportivos sen ánimo de lucro que participen en competicións federadas de ámbito inferior a nacional para o ano 2020

Esta convocatoria ten por obxecto regular as axudas destinadas a clubs deportivos sen ánimo de lucro da provincia de Pontevedra para apoiar a súa participación en ligas e competicións oficiais de ámbito inferior a nacional para o ano 2020, convocadas por organismos oficiais ou por federacións deportivas galegas nas modalidades con implantación na provincia de Pontevedra.

Tema: 

Décimo posto para Daniel López, sen equipo, na Prova de Apertura





O calendario portugués de estrada 2020 estreouse este domingo coa Prova de Apertura e nas estradas da rexión de Aveiro houbo unha destacada representación galega. Entre todos os ciclistas da nosa comunidade que tomaron a saída en Albergaria-a-Velha, o mellor clasificado foi Daniel López. O corredor coruñés, que se atopa sen equipo, obtivo a décima posición na liña de meta de Vagos.


Presentación do Aluminios Cortizo en Padrón





O novo proxecto do Club Ciclista Padronés celebrou a súa presentación oficial este venres nun acto no auditorio do Centro Social de Padrón ao que acudiron os corredores de todas as categorías. Daban así o pistoletazo oficialmente a unha nova tempada, que será a número 64ª do club.

O equipo, arroupado polas categorías inferiores e un salón de actos cheo, fixouse expectativas de mellora para este próximo curso co principal obxectivo da Copa de España.


Subvencións da Deputación de Ourense para as Copas Deputación 2020





A Deputación de Ourense convoca a o "Concurso para a concesión de subvencións para as Copas Deputación 2020". O prazo de presentación de solicitudes finaliza o vindeiro 29 de febreiro. 

Tema: