A FGC celebra un Curso de Monitor de Escolas o sábado 1 de abril





Tema: 

A Federación Galega de Ciclismo (FGC) organiza o sábado 1 de abril un Curso de Monitor na Casa do Deporte (Vigo). Esta xornada arrancará ás 10:00 horas e rematará ás 20:00 horas

As prazas son limitadas e os interesados en participar poden anotarse ata o mércores 29 de marzo. O prezo é de 60 euros e como título do curso entregarase o Diploma de Monitor de Escolas de Ciclismo da FGC.

temario consta dos seguintes puntos:

-Metodoloxía na ensinanza do ciclismo escolar: adestramento e planificación

-Normativa técnica das escolas

-Psicoloxía-Pedagoxía

-Disciplinas do ciclismo

-Vixilancia da saúde / substancias prohibidas / primeiros auxilios e RCP con DESA

-Nutrición e estilos de vida saudables

-Mecánica básica

-Charla coloquio "O día a día nunha escola de ciclismo"

 

A FGC continuará coa programación de cursos de formación para o mes de outubro coa celebración dos cursos de Director Deportivo Nivel 1 e 2.

Na seguinte ligazón poderá realizar a inscrición: http://gestion.fgalegaciclismo.es/inscripciones/publica/curso-de-monitor-de-ciclismo2017-04-01/