A FGC únese á campaña #porunaleyjusta





Anna González perdeu ao seu marido na estrada cando foi atropelado por un coche mentres circulaba en bicicleta. Este sinistro foi considerado unha imprudencia leve, unha Falta, e aplicando a última reforma penal, na que se suprimiron as Faltas, a Xuíza decidiu arquivar a Causa Penal. 

A partir de aí, Anna impulsou a iniciativa #porunaleyjusta para que se modifique a nova reforma legal e os artigo 142 do Código Penal, que regula o homicidio por imprudencia, e o artigo 195, que regula a omisión do deber de socorro. Esta petición xa foi asinada por 178.538 persoas. 

A Federación Galega de Ciclismo (FGC) únese a este movemento e a través dun banner situado na portada da súa páxina web todos aqueles que o desexen poden sumarse a esta campaña.

Non máis mortes impunes de ciclistas e peóns nas estradas

#porunhaleixusta

Se desexas asinar, faino a través deste enlace