Formación

Curso de Director Deportivo do Nivel I





A Federación Galega de Ciclismo (FGC) vén de pechar un convenio de colaboración coa Federación Madrileña de Ciclismo (FMC) para que todas as persoas interesadas poidan participar no Curso de Director Deportivo Nivel I que se impartirá online dende o 1 ao 13 de maio.

Tema: 

Primeiro curso online en castelán da TrainingPeaks University





A Real Federación Española de Ciclismo e TrainingPeaks poñen en marcha este luns 30 de marzo o primeiro curso online en español da University TrainingPeaks, mediante o cal todos os participantes poderán descubrir en detalle a funcionalidade do software de adestramento que é referencia na actualidade dentro do mundo dos deportes de resistencia e gozar de acceso gratuíto a todas as funcionalidades do mesmo durante tres meses.

Tema: 

Curso online 'Dopaxe, o que debes saber'





A Federación Galega de Ciclismo e Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia propoñen para este periodo de confinamento a realización do curso online 'Dopaxe, o que debes saber', dispoñible na Aula Virtual da AEPSAD (Agencia Española de Protección de la Salud en el Deporte).

Trátase dunha ferramenta online con contidos teóricos básicos da loita contra a dopaxe, para o deportista, para o persoal de apoio ao deportista e para todos aqueles que queiran familiarizarse co anti dopaxe e coa realidade que rodea a este colectivo.

Tema: 

Curso de Seguridade nas Prácticas Físico Deportivas en Idade Escolar





A Escola Galega do Deporte informa sobre o curso: Seguridade nas Prácticas Físico Deportivas en Idade Escolar.

Duración e data: 12 horas no vindeiro mes de abril

Destinatarios: 25 técnicos de entidades deportivas e profesionais do deporte de base

Data límite para anotarse: 28 de marzo

Tema: 

Curso de Director Deportivo do Nivel 2





A Federación Andaluza de Ciclismo convoca un curso de Entrenador Deportivo de Ciclismo Nivel 2 ao que poden inscribirse todos aqueles interesad@s que cumpran cos requisitos esixidos. 

formación presencial en Antequera, o sábado 7 de marzo, NON É OBRIGATORIA.

Tema: 

Curso de Director Deportivo do Nivel 2





A Federación Andaluza de Ciclismo convoca un curso de Entrenador Deportivo de Ciclismo Nivel 2 ao que poden inscribirse todos aqueles interesad@s que cumpran cos requisitos esixidos. 

A formación presencial en Antequera, o sábado 7 de marzo, NON É OBRIGATORIA.


Curso en liña de educación antidopaxe ALPHA





A Unión Ciclista Internacional (UCI) vén de poñer en marcha o curso en liña de educación antidopaxe ALPHA. A súa realización NON É OBRIGATORIA, pero si que resulta ALTAMENTE RECOMENDABLE. 

O novo artigo 18.5 do Regulamento Antidopaxe da UCI, incluído o 1 de xaneiro de 2020, estipula que as Federacións Internacionais deben facer todo o posible para garantir que os usuarios a quen lles outorgaran unha licenza completen con éxito o Curso de Educación Antidopaxe dentro dos catro meses posteriores á recepción da licenza.

Tema: 

I Xornadas "Di Non á Violencia de Xénero no Deporte"





A Secretaría Xeral para o Deporte, a Secretaría Xeral de Igualdade e a Fundación Deporte Galego organizan este xoves, día 7, a primeira edición das xornadas "Di Non á Violencia de Xénero no Deporte". O salón de actos de actos da EGAP (Santiago de Compostela) acollerá dende as 17:00 horas esta iniciativa. 

Tema: 

Este sábado celébrase o curso de Soporte Vital Básico e DESA organizado pola FGC





A Federación Galega de Ciclismo organiza un curso de Soporte Vital Básico e DESA impartido pola Asociación Galega de Técnicos en Emerxencias Sanitarias. Celebrarase este sábado 26 de outubro, dende as 09:00 horas ata as 14:00, na Casa do Deporte de Vigo. Esta actividade está aberta a todos os interesados

As persoas que desexen asistir atoparán o formulario de inscrición facendo click nesta ligazón. Esta xornada ten un límite de 25 alumnos e o prezo é de 40 euros.

Tema: 

O 26 de outubro celébrase o curso de Soporte Vital Básico e DESA organizado pola FGC





A Federación Galega de Ciclismo organiza un curso de Soporte Vital Básico e DESA dirixido a xuíces árbitros e técnicos (directores, monitores, mecánicos, masaxistas, etc) con licenza en vigor no 2019 e impartido pola Asociación Galega de Técnicos en Emerxencias Sanitarias. Celebrarase o sábado 26 de outubro, dende as 09:00 horas ata as 14:00, na Casa do Deporte de Vigo. 

Tema: