Formación

O Clube Ciclista Maceda recibe o Premio do Deporte Galego á mellor entidade na promoción do deporte de base





O secretario xeral para o Deporte e presidente do xurado dos Premios do Deporte Galego, José Ramón Lete Lasa, fixo pública esta mañá en Ourense o fallo destes galardóns na súa edición 2015, acompañado polo alcalde da cidade e a delegada territorial da Xunta na provincia, Marisol Díaz Mouteira.

Tema: 

Curso Formativo de MotoEnlace e Motos Técnicas en probas ciclistas





O Comité Técnico de Árbitros da FGC, dentro do seu novo proceso formativo hacia o colectivo ciclista, organiza un
Tema: 

Faladoiro con convidados de renome para pechar as Xornadas Galegas de Ciclismo





As Xornadas Galegas de Ciclismo da Estrada chegaron onte ao seu fin tras un día intenso. Sen dúbida, a visita de Igor González de Galdeano, xefe deportivo do equipo Euskaltel no 2005, terceiro nun mundial na modalidade de contrarreloxo ou quinto clasificado no Tour de Francia do 2002, xerou moita expectación. O vasco falou pola mañá sobre técnicas e tácticas do ciclismo na estrada e pola tarde de métodos de adestramento.

Tema: 

BTT, biomecánica, nutrición e prevención de lesións no segundo día das Xornadas Galegas de Ciclismo





 

O segundo día das I Xornadas Galegas de Ciclismo que se están a celebrar na Estrada presentaron un variado programa. A bicicleta de montaña foi a protagonista na sesión matinal cun obradoiro de mecánica, unha ruta de BTT e un circuíto de mini BTT.

Pola tarde, chegou o momento sobre tres aspectos relacionados coa preparación do ciclista. Javier Amestoy desenrolou a ponencia "A nutrición e hidratación", José Ramón Barral expuxo os seus coñecementos sobre biomecánica e Rafael Arriaza pechou o programa previsto para o martes falando sobre as lesións.

Tema: 

As Xornadas Galegas de Ciclismo empezaron tratando sobre a seguridade vial





As 'I Xornadas Galegas de Ciclismo' arrancaron este luns en A Estrada coa seguridade vial como tema sobranceiro. Este coloquio contou coa presenza de J. Carlos López, alcalde de A Estrada; Ismael Pena, concelleiro de A Estrada; Francisco Javier Molano, xefe da Guardia Civil de Tráfico de Galicia; J. Carlos Muñiz, presidente da Federación Galega de Ciclismo; e Iván Lorenzo, presidente do Comité Técnico de Árbitros.

Tema: 

A Federación Galega de Ciclismo organiza un curso de Adestradores Nivel I durante o mes de marzo





A Federación Galega de Ciclismo (FGC) anuncia para o próximo mes a realización dunha das súas actividades de formación. Durante as catro fins de semana de marzo celebrará un curso de Adestradores Nivel 1 na Casa do Deporte de Vigo.

A cota de inscripción é de 150 euros.

Os interesados en participar poden anotarse a través deste formulario:

Tema: 

Curso de Primeiros auxilios en ciclismo para árbitros e técnicos.





A Federación organiza un curso de primeiros auxilios en ciclismo, destinado a árbitros e técnicos vinculados a esta federación. O curso celebrarase o 7 de novembro na sede a Federación Galega, contará con 8 horas teóricas-prácticas, onde se aprenderán técnicas de reanimación cardiopulmonar (RCP), inmobilizar unha fractura, como actuar ante un golpe de calor, lipotimia, síncope etc.
Tema: 

Curso de Monitor de Ciclismo





Dentro das actividades formativas levadas a cabo por esta Federación, o pasado sábado celebrouse o curso de Monitor de Ciclismo.

O curso contou coa presenza de 50 alumnos que durante toda a xornada do sábado estiveron a ver as seguintes materias:

  • Nutrición
  • Funciones e estrutura de clubs
  • Biomecánica
  • Psicoloxía/pedagoxía deportiva
  • Coñecementos de todas as modalidades de ciclismo
  • Regulamentos básicos escolas e mini Btt
  • Primeiros auxilios
  • Coñecementos de mecánica
Tema: 

CURSO DE MONITORES DE CICLISMO





A Federación Galega de Ciclismo organizará o próximo 17 de outubro de 2015 un curso de monitor de ciclismo.

A duración do curso será dunha xornada en horario de mañá e tarde.

Devandito curso impartirase na Casa do deporte de Vigo e terá un custo de 60,00 euros.

Data limite inscripción 13 de outubro

Tema: