Froiz, 29 anos dando guerra no pelotón





Tema: 

Un sinxelo acto na Deputación de Pontevedra serviu de presentación da nova tempada do Grupo Deportivo Supermecados Froiz, que afronta a súa campaña número 29 no pelotón ciclista.

O ex-ciclista profesional Ezequiel Mosquera exerceu finalmente de padriño do equipo nun ano que comeza este mesmo fin de semana en Almagro, coa disputa do XVII Memorial Manuel Sanroma os días 18 e 19 de febreiro.

Ademais de Mosquera o patrón do equipo, Magín Froiz, a presidenta provincial, Carmela Silva, a concelleira de Deportes de Pontevedra, Anxos Riveiro, e Juan Carlos Muñiz, presidente da Federación Galega de Ciclismo (FGC), desexaron boa sorte aos ciclistas ante unha tempada na que o Froiz marcouse obxectivos ambiciosos.

Na súa primeira carreira do ano, que servirá de test para o inminente comezo da Copa de España co Circuíto do Guadiana (26 de febreiro), a escuadra alimenticia contará cun equipo de oito ciclistas: Leonel de Sousa, Antonio Portela, Alejandro Regueiro, Martín Lestido, David González, Pedro Merino, Martín Bouzas e Ángel de Julián.

Fonte: PontevedraViva.com