Gala do 40 aniversario do Club Ciclista Ponteareas e presentación da temporada 2018





Tema: 

O domingo dia 8 de Abril no Hotel Balneario de Mondariz, terá lugar unha Gala do Ciclismo Pontareán, celebrando o Club Ciclista Ponteareas o seu 40º Aniversario, o acto comezará as 17 horas que terá lugar a Gala do 40º Aniversario, a que calquera persona pode asistir e ao rematar as 19 horas, terá lugar a Presentación da tempada 2018.

Dende a Directiva aseguran que a Gala estará plagada de moito sentimento que non deixará impasible a calquer amante do ciclismo pontareán.

O clube pontareán celebra así os seus 40 anos de historia, na que distintas persoas no ano 1978 se reuniron e decidiron crear esta entidade e dende entón soubo reinventarse unha e outra vez pero sempre mantendo a esencia principal que é ser unha Escola de Ciclismo na que os nenos practiquen un deporte e aprendan valores e respeto.

Por este clube pasaron grandes do ciclismo, coma Oscar Pereiro, Ezequiel Mosquera, Delio Fernandez, Juan Carlos Táboas, David Garcáa da Pena, Miguel Martínez, Manuel Rodríguez, Isidro Araújo, Gustavo Gómez, José Teixeira, Suso Carballido ou Jose Francisco Veiga.

 

Fonte: Club Ciclista Ponteareas