A galega Isabel Castro remata no "top ten" do mundial de ciclocrós





Modalidades: 

A ciclista ponteareana Isabel Castro (Condado Bike) finalizou na oitava praza nos Campionatos do Mundo de cicloross categoría master 2018 que se disputaron na localidade belga de Mol. A representante galega competiu no segmento de master b e completou o esixente trazado belga cun tempo de 31.46 entrando na meta á vez que a alemá Manja Pleub. A francesa Maryline Vassal ( Soreze Velo Club) foi a vencedora cun tempo de 28:52 co que revalidou un título mundial que xa obtivera a pasada tempada.

Castro, actual líder da Copa de España de ciclocrós, regresa da cita belga cun excelente posto dentro do top ten mundial e con ánimo para afrontar en Valencia a última cita copeira e o Campionato de España que disputará en Pontevedra o próximo mes de xaneiro.

©Foto: Facebook

Documentos: