González (Kiwi Atlántico) e Trabazo (Marin) saen de ferrolterra máis líderes da Copa Galicia de Ciclocrós





Modalidades: 

As probas de ciclocrós de Esmelle e Ferrol serviron para pechar a semana máis esixente do calendario de competición da Copa Galicia sen que ao termo da mesma rexistrásense grandes cambios con respecto aos líderes a excepción do cambio de chaquetilla entre os máster 40, antes en mans de Xacob Agra (Louriña) e agora en posesión de Alex Trasbach (Racing). Samuel González (Kiwi Atlántico) e Irene Trabazo (Marín) completaron como líderes absolutos o triplete de probas na comarca de ferrolterra que se iniciaba o pasado xoves co ciclocrós da Laboral de Culleredo.

A xornada do sábado disputábase nas instalacións do Val de Esmelle a segunda proba ciclocrosista en apenas tres días. Con escasa choiva, os dous quilómetros e medio de trazado foron a ocasión propicia para que os líderes rodasen sen contratempos nun circuíto no que prevalecía a potencia sobre a técnica. A matinal do domingo foron as instalacións do Club de Campo de Ferrol as que acolleron a sexta edición da proba ferrolá nun día chuvioso que fixo un pouco máis complexo os dous quilómetros e oitocentos metros do percorrido que, a diferenza da xornada previa, resultaba máis técnico que físico.

O gran referente do ciclocrós galego, o alaricano Iván Feijoo (Maceda), parecía destinado a completar unha fin de semana exitosa pero tras vencer en Esmelle con autoridade viuse obrigado a retirarse na proba ferrolá por problemas físicos. Adrián Barros (Ponteareas) foi o gañador no club de campo tras un forte ataque a falta de dúas voltas que rompeu o grupo que comandaba a proba e permitiulle sumar o seu primeiro triunfo do ano cunha importante vantaxe sobre os seus rivais. A regularidade do vigués Samuel González (Kiwi Atlántico), segundo en Esmelle e en Ferrol, valeulle para saír da comarca de ferrolterra afianzado no liderado da Copa. Entre as féminas, a sub 23 Irene Trabazo (Marín) suma as súas actuacións por vitorias e podería sentenciar a clasificación do ránking autonómico da especialidade bastantes probas antes da súa conclusión.

En varias categorías concorreron dobres vitorias nas probas da fin de semana. Nas actegorías de base o dominio foi dos cadetes Miguel Rodríguez (Ponteareas) e Laura Capa (Marín). Jorge Fernández (Ponteareas) en junior tamén fixo dobrete, idéntico resultado que Andrés Calvete (Monte Xalo) en master 30; Alejandro Trasbach (Racing) en master 40; Antonio Sousa (Bifase) en master 50-60 e Montserrat Martínez (Saertex) en master feminino.

Noutras categorías como a junior feminina, a vitoria en Esmelle correspondeu a Andrea García (Maceda) e en Ferrol á súa compañeira de equipo Noela Saa. En categoría elite masculino, dobre vitoria tamén de Adrián Valverde (Rías Baixas) que consolida o seu liderado na Copa. En mulleres elite, triunfo para María José Gómez (Cambre) na xornada do sábado impoñéndose á pontevedresa Lucía Vázquez (Prorebordosa) que lle devolveu a moeda no club de campo ferrolán postergando a Gómez á segunda praza.

Á conclusión do esforzo de disputar tres probas en apenas catro días, a Copa de Galicia queda encabezada por Antonio Sousa (Bifase) en máster 50-60; Alejandro Trasbach (Racing) e Mónica Alarcón (Arcade) en máster 40; Andrés Calvete (Monte Xalo) e Montserrat Martínez (Saertex) en máster 30; Miguel Rodríguez (Ponteareas) e Laura Capa (Marín) en cadete; Jorge Fernández (Ponteareas) e Andrea Rodríguez (Maceda) en junior; Samuel González (Kiwi Atlántico) e Irene Trabazo (Marín) en sub23 e Adrián Valverde e María José Gómez (Cambre) en elite.

Por diante aínda restan once probas por celebrarse antes de disputar o Campionato de Galicia. A próxima cita terá lugar o domingo 11 en Dumbria.

 

CAT

CICLISTA

CLUB

ESMELLE

FERROL

ELITE

Adrián Valverde

Rías Baixas

Saúl López

Maceda

Jorge Punzón

Prebetong

 

CAT

CICLISTA

CLUB

ESMELLE

FERROL

SUB23

Iván Feijoo

Maceda

 

Samuel González

Kiwi Atlántico

Adrián Barros

Ponteareas

David Rodríguez

In Situ

 

 

CAT

CICLISTA

CLUB

ESMELLE

FERROL

ELITE

F

Mª José Gómez

Cambre

Lucía Vázquez

Prorebordosa

Sara Cueto

Kuota

 

Diana Blanco

Mitto

 

 

CAT

CICLISTA

CLUB

ESMELLE

FERROL

SUB23

F

Irene Trabazo *

Marín

Zaida González

O Rosal

Jessica Costa

ASC

 

 

CAT

CICLISTA

CLUB

ESMELLE

FERROL

JR

Jorge Fernández

Ponteareas

Raúl Rodríguez

Redondela

Xoel Montes

Avanza

 

Marco Nube

Maceda

 

 

CAT

CICLISTA

CLUB

ESMELLE

FERROL

JR F

Andrea García

Maceda

Noela Saa

Maceda

 

Rafaela Ramalho

Maiatos

Alba Mendez

Cambre

 

 

CAT

CICLISTA

CLUB

ESMELLE

FERROL

CD

Miguel Rodríguez

Ponteareas

Martín González

Maceda

Sergio Lorenzo

Avanza

 

CAT

CICLISTA

CLUB

ESMELLE

FERROL

CD F

Laura Capa

Marín

Zaira Vila

Coruxo

Sonia Domínguez

Marín

 

Laura Mª Mira

Avanza

 

 

CAT

CICLISTA

CLUB

ESMELLE

FERROL

M3 F

Montserrat Martínez

Saertex

Belén Souto

Caimanes

 

 

 

 

 

CAT

CICLISTA

CLUB

ESMELLE

FERROL

M3

Andrés Calvete

Monte Xalo

Luciano Carretero

Cambre

Cristóbal Llerena

Trisquel

 

Roberto Rodríguez

Demobike

 

 

CAT

CICLISTA

CLUB

ESMELLE

FERROL

M4 F

Mónica Alarcon

Arcadecycles

Sara Isaach

Meira

 

Natalia Raña

Corbelo

 

Sonia Costoya

Corbelo

 

 

CAT

CICLISTA

CLUB

ESMELLE

FERROL

M4

Alejandro Trasbach

Racing

Xacob Agra

Louriña

Moises Leboso

10 GD

 

Israel Castañeda

Poloandbike

 

 

CAT

CICLISTA

CLUB

ESMELLE

FERROL

M5

Antonio Sousa

Bifase

Javier de la Fuente

Norinver

Mario Castro

Cortizo

 

José María Magariños

Condado

 

 

©Foto: LUZ IGLESIAS