Goza coas vantaxes do Carnet Ciclista





A Federación Galega de Ciclismo, en colaboración coa RFEC, pon en marcha o Carnet Ciclista, unha iniciativa pensada para todas aquelas persoas que conciben a práctica ciclista como unha actividade de lecer e tempo libre. Trátase dun carné dixital para afeccionados que compiten de forma ocasional, gozan da bicicleta en familia e con amigos, ou a usan como medio de transporte.

Obtén o teu Carné Ciclista a través da nosa zona privada para empezar a gozar ao máximo e con maior seguridade da túa bicicleta por só 40 euros ao ano. Ademais, durante os dous meses iniciais do seu lanzamento, poderás beneficiarte da campaña "Trae un amigo" con descontos de 5 euros por cada ciclista amigo que adquira o carné, ata un máximo de tres. 

Co Carnet Ciclista accedes a multitude de vantaxes e servizos cos que poderás practicar con total tranquilidade un deporte saudable e en contacto coa natureza, xa que terás un seguro de accidente deportivo limitado (ata 2.000 euros por accidente e ata 6.000 euros por morte e invalidez), así como un seguro de responsabilidade civil (ata 150.000 euros con reclamación de danos e defensa xurídica), unha garantía cada vez máis necesaria tanto nos danos que poidas ocasionar a terceiros, como pola túa propia seguridade en caso de accidente. 

Contarás coa túa propia zona privada persoal con información de interese, acceso ao Club VIP Ciclista de descontos en hoteis, restaurantes, viaxes, material deportivo, moda, tecnoloxía, estética, tratamentos médicos etc. Máis de 300 marcas, en máis de 14.000 puntos de venda en todo territorio nacional. Tamén poderás participar en sorteos e concursos, optando a importantes premios. 

E se queres competir, obterás un 50% de desconto nas licenzas dun día, ata un máximo de catro, nas probas da nosa Federación. 

Tamén poderás adquirir o equipamento oficial autonómico así como inscribirte nos nosos cursos de formación con prezos preferentes. 

Máis información na zona privada.