Gran actuación galega na apertura da Copa de España de Ciclocrós





Modalidades: 

Moito barro e unha importante participación estranxeira foron a nota destacada da apertura da Copa de España de ciclocrós celebrou unha dobre cita no País Vasco coas probas de Llodio e Elorrio. Nestas dúas xornadas foi a master 40 Isabel Castro (Condado) a galega máis destacada ao sumar dúas vitorias e vestir a camisola de líder na súa categoría.

Iván Feijoo (Maceda) completou unha gran carreira en Llodio ao finalizar 12º absoluto, sendo segundo sub 23 detrás do francés Antoine Benoist. En Elorrio acusaba algo o cansazo e finalizaba o 19º absoluto, sendo sétimo Sub23.

Irene Trabazo (Marín) consolídase no top cinco das sub23 e en Elorrio logrou un meritorio 7º posto absoluto e 2º sub 23. Tamén en mulleres, Noela Saa (Maceda) era terceira júnior o sábado, nunha gran carreira con vitoria francesa. Andrea García (Maceda) era cuarta e en Elorrio repetía, con Noela Saa sexta.

En cadetes, outra gran carreira dos galegos en Llodio con Miguel Rodríguez (Ponteareas) segundo na meta con Zoe del Río (Marín) terceiro e Martín González, quinto. En Elorrio quedaban fóra de podio pero con Del Río, cuarto; Rodríguez, quinto e González sexto. Entre as mulleres, dobre podio para Laura Capa (Marín) cun brillante segundo posto en Llodio e terceira praza en Elorrio. Outra galega nesta categoría: Zaida Vila (Coruxo) obtivo dúas esplédidos sextos postos.

O próximo 11 de novembro terá lugar en Karrantza a terceira cita dunha Copa de España que finalizará o 16 de decembro no XXIII Ciclocrós Internacional Cidade de Valencia.

RESULTADOS DOS GALEGOS

CAT

CICLISTA

CLUB

LLODIO

ELORRIO

ELITE

*SUB23

Iván Feijoo *

Maceda

12º (2º *)

19º (7º *)

Adrián Barros *

Ponteareas

29º

27º (12º*)

Pablo Álvarez *

Cambre

DNF

37º (17º *)

Álvaro Rey

Cambre

66º

62º

 

CAT

CICLISTA

CLUB

LLODIO

ELORRIO

ELITE F

*SUB23

Irene Trabazo *

Marín

11ª (4ª *)

7ª  (2ª *)

 

CAT

CICLISTA

CLUB

LLODIO

ELORRIO

JR

Jorge Fernández

Ponteareas

36º

31º

Marco Nube

Maceda

33º

22º

Aaron Rodríguez

Cambre

56º

52º

 

CAT

CICLISTA

CLUB

LLODIO

ELORRIO

JR F

Noela Saa

Maceda

Andrea García

Maceda

 

CAT

CICLISTA

CLUB

LLODIO

ELORRIO

CD

Miguel Rodríguez

Ponteareas

Zoe del Río

Marín

Martín González

Maceda

Fabián Rodríguez

Caimanes

11º

Ricardo M. Buba

Coruxo

11º

18º

Anxo Carril

Coruxo

13º

34º

Pablo Rodríguez

Coruxo

27º

27º

 

CAT

CICLISTA

CLUB

LLODIO

ELORRIO

CD F

Laura Capa

Marín

Zaira Vila

Coruxo

Marta García

Cambre

15ª

22ª

 

CAT

CICLISTA

CLUB

LLODIO

ELORRIO

M3

Oscar Vázquez

OVC Bikes

11º

Alejandro Mesias

Quintena

12º

 

 

CAT

CICLISTA

CLUB

LLODIO

ELORRIO

M4 F

Isabel Castro

Condado

 

CAT

CICLISTA

CLUB

LLODIO

ELORRIO

M4

Guillermo Álvarez

Condado

17º

14º

José Carlos Maceira

Macebike

27º

23º

Luis Corral

Caimanes

53º

52º

Javier Casanova

Cambre

60º

47º

Antonio Rodríguez

Cambre

71º

76º

 

CAT

CICLISTA

CLUB

LLODIO

ELORRIO

M5

Javier Lago

Spol

11º

Antonio Saa

Maceda

24º

 

Marcelino Fernández

Gráficas Lar

31º

24º