Horario da oficina da Federación Galega de Ciclismo





Tema: 

A oficina da Federación Galega de Ciclismo (FGC) limita o seu horario e os seus servizos por mor do coronavirus. Por orde da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, o edificio da Casa do Deporte en Vigo estará aberto só para os traballadores das federacións deportivas  dende as 08:30 horas ata as 13:30.

Polo tanto, aplicando a orde da administración autonómica, non se atenderá de xeito presencial

Lembramos que o xoves desta semana é festivo e o venres a oficina da FGC tampouco estará operativa.   

Tanto a páxina web como as redes sociais da Federación permanecerán activas e actualizadas puntualmente con información que vaia xurdindo en relación coa nosa actividade.