I Xornadas "Di Non á Violencia de Xénero no Deporte"





Tema: 

A Secretaría Xeral para o Deporte, a Secretaría Xeral de Igualdade e a Fundación Deporte Galego organizan este xoves, día 7, a primeira edición das xornadas "Di Non á Violencia de Xénero no Deporte". O salón de actos de actos da EGAP (Santiago de Compostela) acollerá dende as 17:00 horas esta iniciativa. 

Dentro da campaña de prevención e sensibilización fronte a violencia de xénero, esta xornada ten como finalidade que o tecido deportivo coñeza estratexias para loitar contra a violencia de xénero, particularmente no ámbito do deporte pero tamén noutros contextos.

Considérase moi importante a asistencia de federacións, clubs, deportistas, directivos e directivas, xuíces-árbitros/as, centros educativos, etc. para que poidan coñecer ferramentas e desenvolvelas nos diferentes ámbitos de intervención nos que lles toque participar.