Iago Alonso (Chantadino) gañou con autoridade no centro de Vigo

×

Mensaxe de erro

Error There is no ACTIVE Load Balancer named 'varnishes-ElasticL-6G4RNU4MXHX9'




Modalidades: 

O Trofeo Concello de Vigo de Ciclismo de categoría master non podía ter mellor oportunidade de lucirse que saíndo e chegando en pleno centro da cidade olivica, escenario reservado para as grandes ocasións. A vitoria do local Iago Alonso (Chantadino), recentemente chegado de conquistar a Copa Galicia de master, foi o broche a unha gran carreira organizada polo Ría de Vigo.

A escasa participación deportiva que xa é norma a estas alturas da tempada non restou interese a unha proba de 68 quilómetros que percorreu a maior parte dos concellos limítrofes da maior urbe de Galicia. Aínda que a dureza estaba centrada na primeira metade do trazado coa ascensión ao Porto de Pego Negro, sería un erro no trazado e unha caída no pelotón a que marcou o desenlace da carreira.

Foi moi preto do municipio de Redondela onde chegou un grupo de oito escapados cun minuto de vantaxe sobre o grupo pero unha caída obrigaba a deter a proba. O parón prologouse máis de media hora quedando apenas vinte quilómetros a meta. Aínda que se renovou concedendo ao grupo cabecero o minuto de diferenza, o certo é que por detrás saíuse disposto a darlles caza e non tardou en neutralizar a fuga.

A pouco de entrar no termo municipal de Vigo trataron de irse Rubén Oliveira (Norinver) e Iago Alonso (Chantadino) que lograron alcanzar a longa recta de meta con vantaxe sobre un pelotón que xa circulaba fraccionado en dous grupos. Cando apenas faltaban 100 metros o vigués Alonso viuse como gañador en casa e cruzou con vantaxe a liña de meta ante a atenta mirada do numeroso público (maioritariamente cruceiristas ingleses de visita na cidade) por diante de Oliveira e o portugués Luís Machado.

Por categorías, o gañador absoluto, Iago Alonso (Chantadino) fíxose coa vitoria en master 30 así como o premio da montaña. Ruben Fernández ( Norinver) foi o mellor master 30 e Antonio García ( Louriña) o mellor master 50.