Información Procedemento DGAN 2019





Tema: 

Dende a Secretaría xeral para o Deporte recordamos que se inicia un novo prazo (xuño) para poder solicitar o recoñecemento de DEPORTISTA GALEGO DE ALTO NIVEL (DGAN). 

As solicitudes presentaranse preferentemente de forma telemática, cubrirase o Anexo I, e achegarase o Anexo II na sede electrónica da Xunta de Galicia, debedes dispoñer do código de activación da Chave365 ou DNI electrónico con sinatura dixital.

No caso de solicitar o recoñecemento de xeito presencial deberedes aportar: O ANEXO I,   é a solicitude, estará cuberta e asinada pola persoa solicitante ou polo seu titor se é menor de idade e achegar o ANEXO II, que é a certificación dos datos da federación deportiva, asinado tamén pola federación correspondente.

Lembrade que para gardar os datos nos arquivos pdf editables debedes imprimir o documento (pódese imprimir en pdf para asinar posteriormente de xeito electrónico).

Para máis información consultade a nosa páxina web ou chamades ao teléfono 881996367