Inscricións abertas para as dúas últimas probas da Copa Galicia de Ciclocrós





Tema: 

A Copa Galicia de Ciclocrós despídese na primeira fin de semana do 2020 e as inscricións para as dúas probas que foron adiadas polas adversas condicións climatolóxicas xa están abertas. 

De forma excepcional, o prazo para anotarse rematará este xoves, ás 23:59 horas, dando máis tempo do habitual para que deste xeito os corredores poidan tramitar as súas licenzas. Todos os particantes deberán estar dados de alta coa licenza da temporada 2020. 

Á inscrición para o Ciclocrós Vila de Verín pódese acceder a través desta ligazón.

Á inscrición para o XII Ciclocrós Castelo de Maceda pódese acceder a través desta ligazón.