Invitación para a Gala do Ciclismo Galego 2018





Tema: 

A gran festa anual do noso ciclismo terá lugar na localidade pontevedresa de A Estrada, o sábado 23 de febreiro na Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP). O acto no que se premiará aos mellores ciclistas do ano 2018 e no que se tributarán homenaxes por traxectorias ligadas a este deporte comezará ás 19:30 horas

Pregámoslles confirmar a súa asistencia a este acto antes do mércores, día 20 no teléfono 629 830 057 ou a través do correo electrónico fgaciclismo@gmail.com