Iván Feijoo foi o mellor sub23 español en Bogense tras meterse no top 20 mundial





Modalidades: 

O vixente Campión de España Sub23, o galego Iván Feijoo, afrontaba o mundial con apenas puntos que lle permitisen unha mellor situación na liña de saída de Bogense. Arrincando desde un posto corenta o alaricano da Escola de Maceda amparouse nun percorrido que se adaptaba ben ás súas condicións e pudo amosar a fortaleza que lle faltou na última proba de Copa do Mundo. Así, Feijoo foi superando dende os primeiros compases o tráfico de corredores ata o top vinte de carreira.

Por diante era o belga Eli Iserbyl quen puxo o ritmo no grupo  cabecero. Con todo, a falta de dúas voltas, o británico Thomas Pidcock, principal favorito a facere coa camisola arcoíris en  Bogense,  pechaba o espazo que tiña co campión mundial sub23 en 2018 e realizaba un brutal ataque que lle deixaba só na procura do segundo ouro británico da xornada cunha auténtica exhibición.

Mentras, Feijoo seguía librando rivais dando alcance e superando ao seu compañeiro na Selección Española Jofre  Cullel que ao cabo sería 36º tras perder forza nas voltas finais. O galego completaba a remontada logrando un magnífico 18º lugar.

Para o ciclista galego: “Condicionoume a saída case desde o 40º. Fun pasando grupos con moita forza ata pelexar polo  top 15. Foi unha carreira onde me atopei moi forte desde o principio. Esperemos que o próximo ano poida acudir a máis carreiras nas que lograr máis puntos para saír máis adiante e poder así gozar do mundial”

2019 UCI Cyclocross World Championships Resultado Sub23 hombres

Pl

Name

Time

1

PIDCOCK Thomas (Gran Bretaña)

47:42:00

2

ISERBYT Eli (Bélgica)

47:57:00

3

BENOIST Antoine (Francia)

48:05:00

4

KOPECKY Tomas (Chequia)

48:13:00

5

DORIGONI Jakob (Italia)

48:17:00

6

TURNER Ben (Gran Bretaña)

48:20:00

7

KAMP Ryan (Holanda)

48:28:00

8

ROUILLER Loris (Suiza)

48:38:00

9

MEIN Thomas (Gran Bretaña)

48:49:00

10

VANDEPUTTE Niels (Bélgica)

49:04:00

11

LOOCKX Lander (Bélgica)

49:14:00

12

HECHT Gage (USA)

49:18:00

13

VAN DER HEIJDEN Maik (Holanda)

49:33:00

14

KUHN Kevin (Suiza)

49:39:00

15

GOEMAN Andreas (Bélgica)

49:41:00

16

PETROV Spencer (USA)

49:43:00

17

VAN DIJKE Tim (Holanda)

49:58:00

18

FEIJOO ALBERTE Ivan (Galicia)

50:01:00

19

TULETT Daniel (Gran Bretaña)

50:05:00

20

DUJARDIN Sandy (Francia)

 50:17:00

 

©Foto: Yaiza FP