Javier de la Fuente, 16º na contrarreloxo master-50/54 dos Campionatos do Mundo en Albi





Modalidades: 

Este xoves disputouse a contrarreloxo individual dos Campionatos do Mundo da categoría master que se están a celebrar na localidade francesa de Albi. O betanceiro Javier de la Fuente rematou décimo sexto na clasificación master-50/54 e 120º na xeral. O corredor da formación galega Norinver marcou un tempo de 32:58, finalizando a 03:27 do gañador.

O mellor español desta xornada foi o seu compañeiro de equipo Raúl Portillo cun rexistro de 30:54. O ciclista vasco foi quinto na súa categoría master-40/44 e  duodécimo na táboa absoluta. O triunfo correspondeulle ao francés Samuel Plouhinec (Team Peltrax – CSD) 

O domingo chegará o momento da carreira en liña sobre 155 quilómetros. O Norinver estará representado por De La Fuente, Portillo e o master-40/44 salmantino Eladio Jiménez.