Jesús Rodríguez, novo líder da Copa Galicia Junior





Modalidades: 

Despois da disputa a pasada fin de semana do XVIII GP Concello de Cambre, o maillot de líder da Copa Galicia Junior de estrada cambiou de propietario. Jesús Rodríguez Pociña (Cidade de Lugo - Esturión) aproveitou a ausencia de Guillermo García (Bathco) para asaltar a primeira posición do ranking.

O corredor da formación lucense rematou sétimo nunha proba que se adxudicou Manuel Blanco (Cambre - Caeiro). Cos 14 puntos sumados, Jesús Rodríguez adiantou aos dous ciclistas que dominaban a táboa e que se perderon esta carreira ao competir o día seguinte na última xornada da Copa de España Cofidis: Guillermo García, que se queda con 86 puntos, e Brais García (Cambre - Caeiro), con 84 puntos.

Jorge Suárez, outro representante do Cidade de Lugo - Esturión, rematou segundo en Cambre e ascende ata a cuarta posición, onde se sitúa con 83 puntos. A quinta praza, con 76 puntos, correspóndelle a Adrián Giráldez (Ponteareas).

A Copa Galicia Junior ten unha nova cita puntuable este sábado, o 49ª GP Albariño en Cambados. 

Consulta o ranking actualizado