Jorge Suárez, vencedor final da Copa Galicia de estrada junior





Modalidades: 

Despois de dezaséis xornadas puntuables, a Copa Galicia de estrada junior chegou a súa conclusión con Jorge Suárez como gañador. O corredor do Cidade de Lugo - Esturión certificou o seu triunfo rematando segundo en 'La Nocturna' Festas do Cristo do pasado venres e 24 horas despois celebrou o título asinando outro segundo posto na carreira organizada polo seu clube, o GP Ciclista San Froilán. 

Na décimo sétima edición da proba lucense, Jesús Rodríguez (Cidade de Lugo - Esturión) acadou a vitoria superando ao seu compañeiro de equipo e coa terceira praza fíxose Iñigo Rodríguez (DipuLeón-Bembibre), gañador o día antes no Porriño. 

Suárez acumulou no ranking da Copa Galicia 193 puntos despois de protagonizar un sobresaínte treito final da temporada. A segunda posición asaltouna na última cita puntuable Martín Soutullo (Carballo a un Paso) e o terceiro posto correspondeulle a Adrián Giráldez (Ponteareas).

O calendario de estrada nas categorías inferiores pechouse no GP San Froilán, onde tamén subiron ao máis alto do podio como gañadores das súas probas a junior María Correa (O Rosal), os cadetes Manuel Rodríguez (Ponteareas) e Carla González (Bembibre Ciclista), os infantís Miguel Rodríguez (Ponteareas) e Carla Montoiro (Negreira), os alevíns David Rego (Viveiro) e Vania Gregores (Ponteareas), os principiantes Pablo Rodríguez (O Rosal) e Aloa Blanco (Cortizo - Anova), e os promesas Nicolás Puga (Cortizo - Anova) e Saray Torrado (Barbanza).

Clasificacións GP San Froilán