Keepgoing, novo patrocinador da Federación Galega de Ciclismo





A firma de nutrición deportiva Keepgoing súmase  ao grupo de patrocinadores da Federación Galega de Ciclismo (FGC).

Grazas a este acordo de colaboración, os corredores convocados pola FGC para as distintas competicións nas que participa a Selección de Galicia recibirán os produtos de Keepgoing a prezo de custo e o resto de federados terán un 10% de desconto.

"O deportista máis esixente, a nosa fonte de inspiración" é o lema desta empresa creada no 2004.

Máis información sobre Keepgoing na súa páxina web www.keepgoing.es