Manuel Parada alcanzou as semifinais do Campionato de España eliminator





"O resultado foi inesperado", asegurou Manuel Ángel Parada despois de participar este sábado no eliminator (XCE) dos Campionatos de España que se están a celebrar en Cofrentes (Valencia). O ribeirense alcanzou as semifinais dunha competición na que tomaron a saída 41 corredores. Samuel González, o outro representante da Selección de Galicia, quedou apeado nos cuartos de final tras ter disputado pola mañá a carreira sub23 de XCO, na que rematou cuarto. 

Parada sinalou que "cheguei a esta proba sen ningún tipo de presión. Na crono centreime en pasar o corte sen gastar moitas forzas. A partir de aí contei coa motivación extra de coincidir en todas as roldas co líder da Copa do Mundo".

O corredor do Barbanzabike meteuse entre os oito mellores da competición, pero a súa presenza nas semifinais deixoulle un sabor de boca agridoce: "Penso que os meus rivais saíron ante de tempo. Vinme relegado á último posición e resultou imposible darlle a volta a esa situación".

Na posterior final de consolación o biker de Ribeira tivo que conformarse co oitavo posto na clasificación final: "Estou moi contento. Para min estar nestes campionatos é un premio a toda a  temporada. Quero gozar de todas as probas que hai neste campionato e agora intentarei recuper para afrontar mañá a carreira raíña de XCO".

 

Máis información