Manuel Rodríguez, entre os máis fortes na primeira etapa da Vuelta Ciclista Júnior Ribera del Duero





Cun percorrido de 81,1 quilómetros púxose marcha este xoves a IV Vuelta Ciclista Júnior Riberas del Duero. No final no Castillo Curiel a Selección de Galicia contou cun representante no grupo dos máis fortes. Manuel Rodríguez rematou 13º a 8 segundos do gañador Casper Van Unden (Acro Pauwels).

O pelotón rachouse nos metros finais e tan so doce ciclistas entraron a menos de 10" do ciclista holandés que se fixo coa primeira camisola amarela. A 29" do primeiro clasificado cruzaron a liña de meta Brais Gómez (39º) e Raúl Casalderrey (40º); Manuel Sampedro (45º) fíxoo a 33"; Gianni Iannelli (56º) a 36"; e Daniel Sanín (113º) a 3:24. 

Este venres disputarase a segunda tirada desta rolda de catro días: Langa de Duero - San Esteban de Gormaz (96,26 km).

 

Clasificación