Manuel Rodríguez logra en Molgas o titulo de Campión de España cadete





Unha medalla de ouro, dúas medallas de prata e un bronce foi a colleita obtida pola Selección galega de ciclismo nos Campionatos de España Escolar que ao longo do fin de semana celebrouse na localidade ourensá de Baños de Molgas coa organización da Federación Galega de Ciclismo e a Fundación Ado Moure. Á prata lograda na xornada do venres por Miguel Mera na crono individual cadete sumábase o sábado o bronce do equipo feminino de btt e culminábao no peche do programa de competición a prata por equipos na proba de liña cadete e a medalla de ouro e Campionato de España para Manuel Rodríguez.

A carreira masculina celebrouse nun percorrido de 61 quilómetros que circundaba o concello de Baños de Molgas localidade pola que pasaban en dúas ocasións antes de entrar en meta. Foi precisamente tras o primeiro paso cando o galego tratou de saltar dun pelotón que circula compacto pero a un elevado ritmo con medias próximas aos 40 quilómetros á hora.

O intento de Manu Rodríguez cando se cubría o quilómetro 32 de carreira parecía abocado ao fracaso cando o grupo deulle alcance, pero un novo parón no pelotón deixou ao galego dentro dun grupo cabecero de nove ciclistas que aos poucos foi cobrando diferenzas que chegaron aos 40 segundos. A presenza na escapada de dous representantes de Cantabria, dous de Euskadi, dous navarros e un valenciano deixaba ao combinado madrileño como único dos importantes sen presenza na fuga sen demasiadas opcións de comandar o pelotón para tratar de neutralizala.

Os nove fuxidos alcanzaron sen oposición a liña de meta na que Manuel Rodríguez foi o máis listo ao negociar a sinuosa entrada na Estación de Molgas e superar aos dous representantes vascos, Aimar Erostarbe e Asier Pozo que lle flanquearon na chegada.

Así, Galicia conseguía un título nacional que se lle resistía e sumou ademais unha brillante medalla de prata na clasificación por equipos co grupo formado por Manuel Rodríguez, Miguel Mera, Diego Rodríguez, Adrián López e Rubén Fandiño.

O éxito galego puxo o broche de ouro a unha xornada dominical que se iniciou coa proba en liña para a categoría cadete feminina nas que tomaron parte 70 ciclistas para cubrir un trazado de 48 quilómetros. Unha selección galega moi nova relacionouse en todo momento con algunhas das mellores ciclistas da categoría e chegaron á meta de Molgas con opcións. Con todo, a falta de 100 metros tanto Aroa Mediavilla como Claudia García víronse pechadas dentro do pelotón que alcanzou compacto a liña de meta e sen opcións de disputar un sprint no que se impuxo a cántabra Claudia San Justo sobre Garazi Estévez (Euskadi) e Ainara Albert (Valencia).

Numeroso público en todo o percorrido e no último acto de entrega de medallas do Campionato que contou co Delegado en Ourense da Xunta de Galicia, o Alcalde de Baños de Molgas e o vicepresidente da Federación Española e o presidente da Federación Galega, entre outros.

RESULTADOS

Categoría cadete Masculino                            Categoría cadete feminino

Ouro              Manuel Rodríguez (GALICIA)                   Claudia San Justo (Cantabria)

Prata              Aimar Erostarbe (Euskadi)                       Garazi Estévez (Euskadi)

Bronce           Asier Pozo (Euskadi)                                 Ainara Albert (Valencia)

Equipos

Ouro               Euskadi                                                       Valencia

Prata              GALICIA                                                       Cantabria

Bronce           Cantabria                                                    Euskadi