Mario Fernández subiu ao podio júnior na primera proba do Open de España de Enduro





Modalidades: 

O EnduBítem deu o pistoletazo de saída este domingo ao Open de España de Enduro 2019 e un galego pisou o caixón en terras tarraconenses. O júnior Mario Fernández (O Rosal), gañador do certame estatal o pasado ano na súa categoría, fíxose coa terceira praza. 

O rosaleiro acumulou un tempo de 21 minutos e 14 segundos nos catro treitos cronometrados. Ese rexistro situouno a un minuto e medio do gañador Ignacio Valverde (Calderonabike) e a 23 segundos de Bernat Prat (San Celoni), segundo clasificado. 

Outros dous galegos metéronse entre os dez primeiros das súas categorías. Nicolás Carrera (Bike Comp) foi noveno nos Sub23 e Tony Pérez (Condado Bike) finalizou décimo nos Máster-40.

Despois desta cita inaugural en Cataluña, o Open de España de Enduro regresará en La Adrada (Madrid) o 31 de marzo.

 

Máis información