Martin Bouzas proclámase Campión de España CRI





O ciclista sub23 Martín Bouzas (Galicia) logrou colgarse a medalla de ouro na proba contrareloj disputada na primeira xornada do Campionato de España que se celebran en Castelló. Cun rexistro de 25’16”, o de Rois avantaxou en 22 segundos a Adrià (Cataluña) e 24 a Bennassar (Baleares).

Bouzas suma o seu cuarto podio consecutivo desde a categoría xuvenil e revalida o título logrado hai dúas tempadas.

Pola súa banda outro galego, Guillermo García Janeiro, concluíu nunha magnífica quinta praza. O pontevedrés, Campión de España junior o pasado ano debutou como sub23 nestes campionatos e durante moitos minutos mantivo opcións de medalla.

O catalán Martí Márquez foi o primeiro en establecer tempos de referencia. Con 11 minutos e 39 segundos no primeiro punto intermedio, só foi superado por Joan Bennassar (Baleares). Martín Bouzas (Galicia) saíu na penúltima posición, por diante de Sergio Pérez (Aragón).

Na parte intermedia e a piques de afrontar a zona máis dura do percorrido, Bouzas xa avantaxaba en 15 segundos a todos os seus rivais. Nesa segunda metade do trazado foi onde o galego consumou a súa vitoria ao incrementar a súa diferenza con respecto a Roger Adriá (Cataluña) e a Joan Bennassar (Baleares) que completou o medalleiro.
Top 5 Clasificación CRI sub-23 masculino

1º 25:16 Martín Bouzas (Galicia)

2º 25:38 Roger Adrià (Cataluña)

3º 25:40 Joan Martí Bennassar (Baleares)

4º 25:47 Martí Márquez (Cataluña)

5º 25:51 Guillermo García (Galicia)