Mencións especiais na Gala do Ciclismo Galego 2016 deste sábado en Padrón





Tema: 

A Gala do Ciclismo Galego 2016 celebrarase este sábado, día 28 de xaneiro, a partir das 20:30 horas no Auditorio Centrosociocultural de Padrón, e haberá quince homenaxeados con Mencións Especiais:

  • Santiago Villanueva (Delegado do Goberno en Galicia) pola súa implicación na seguridade do colectivo ciclista nesta comunidade autónoma e o seu apoio e colaboración na campaña de visibilidades impulsada pola FGC
  • Radio Galega polo seu apoio e difusión do ciclismo
  • Norinver pola súa colaboración coa FGC
  • Jacobo Ucha polo seu paso a profesionais
  • Samuel Blanco como ciclista revelación do ano 2016
  • Club Ciclista Coruxo, Club Ciclista Bici Verde, Más Enduro MTB e Singletrack Outdoor Sports pola organización do Campionato de España de Descenso en Vigo
  • Clube Ciclista Maceda pola organización do Campionato de España de BTT Team Relay, XC Eliminator e XCO Cross Country Olímpico en Maceda
  • José Cuíñas Conde pola súa traxectoria e implicación co noso deporte dende 1969 exercendo de xuíz árbitro. 
  • Luís López López (Zurdo) do C.C. Milagrosa polo seu apoio e loita a prol do ciclismo e do traballo coa base
  • Clube Ciclista Maceda como mellor escola de ciclismo
  • Club Ciclista Padronés polo 60º aniversario da súa fundación
  • Aluminios Cortizo polo seu patrocinio durante 30 anos a un clube ciclista

Ademais, durante a cerimonia proxectarase un vídeo-homenaxe como recordo ás vítimas por accidentes de tráfico e falecidos do ano 2016: José Antonio Casas 'Ñito', Diego Freiría, Jesús Mancebo e Jorge Pérez.