Miguel Ángel Mera obtén a segunda praza na primeira etapa da Txuma cadete





A primeira xornada da VI Txuma cadete resolveuse ao sprint e a Selección de Galicia rozou a vitoria. Miguel Ángel Mera ocupou a segunda posición nos 61,5 quilómetros con saída e chegada en Erandio. O máis rápido nesta chegada masiva foi Lander Lartitegi (Basati).

O corredor galego do Cortizo - Anova acadou 6 segundos de bonificación na liña , o que o sitúa na xeral a 4" do vencedor da xornada. No grupo principal tamén entraron Rubén Durán (44º) e Brais Gómez (54º).

Este sábado a Txuma celebra a súa segunda xornada, Berango-Berango de 57,6 km. Esta tradicional etapa presenta a subida a Unbe (P.M.) completa e  as tradicionais voltas ao circuíto de Berango.

Clasificación