Miguel Mera (MMR) gaña por segundo ano o Txuma Internacional cadete





Modalidades: 

O ciclista galego Miguel Ángel Mera (MMR Factory), impúxose no VII Txuma internacional de Cadetes ao termo das tres xornadas de que constou a proba. Mera logrou a txapela de gañador por segundo ano consecutivo tras poñerse líder na primeira etapa e saber rendibilizar e mesmo incrementar a súa renda ata os 23 segundos de vantaxe cos que finalizaría a competición.

A última etapa con saída e chegada en Erandio e con 62 quilómetros de percorrido tivo como gañador en solitario ao corredor da Selección Navarra, Igor Arrieta, fillo do director do Movistar Team, José Luis Arrieta. A Mera chegoulle con vixiar de preto aos seus principais rivais para evitar sorpresas e mesmo se permitiu a licenza de disputar o sprint do pelotón ocupando o segundo posto do mesmo, a 48 segundos do gañador.

O ciclista coruñés conseguiu tamén a xeral da Regularidade. O resto de ciclistas galegos que competiron representando á selección autonómica concluíron a última etapa no pelotón principal e aínda que a súa participación foi de menos a máis ao longo do Txuma as súas clasificacións víronse lastradas toda a serie pola accidentada primeira etapa. De non seer esta circunstancias os seleccionados galegos terían loitado por mellores resultados.