Mila López sitúase líder na Copa de España de Ciclismo adaptado





Modalidades: 

A localidade almeriense de Cuevas de Almanzora foi o escenario no que a pasada fin de semana levouse a cabo a segunda proba da Copa de España de Ciclismo Adaptado de estrada; unha cita que contou cunha gran participación tanto de público como de afeccionados, e na que Galicia estaba representada polos ciclistas Iván Montero MH5 e Mila López WH4, ambos do Club Ciclista Riazor.

O sábado disputouse unha CRI que non puntuaba para a Copa de España, pero que servía para abrir boca.  A xornada dominical, do mesmo xeito que a do día anterior, estivo marcada por un forte vento e baixada das temperaturas, que auguraban máis dureza para os competidores. Malia estas condicións atmosféricas, que cambiarían ao longo da mañá para dar paso a momentos de caloroso sol, a xente de Cuevas del Almanzora botouse ás rúas para dar o seu apoio e ánimo e aos corredores. Os participantes, 49 en total nas súas diferentes modalidades, disputaríanse a vitoria dentro dun circuíto practicamente urbano cunha lonxitude de 4,25 km en cada volta. 

Iván Manoel Montero conseguiu un segundo posto en ambas probas, mantendo a segunda posición na xeral da Copa de España en categoría MH5, mentres que a baionesa Mila López, tras conseguir a vitoria nas dúas probas, colócase líder da categoría WH4.

A próxima cita do circuíto estatal terá lugar na provincia de Alacante coa disputa do Trofeo La Aparecida o 12 de maio.

Máis información

 

Fonte: ValMiñor TV