Modificacións da Lista de sustancias e métodos prohibidos 2017





Tema: 

O próximo 1 de xaneiro entra en vigor a Lista de sustancias e métodos prohibidos no deporte para o ano 2017. A Axencia Mundial Antidopaxe xa publicou a Lista co obxectivo de que tanto deportistas como persoal de apoio poidan familiarizarse coas súas principais modificacións.

Estas son as novidades máis significativas que debes ter en conta da Lista de sustancias e métodos prohibidos de 2017.

Engádese aos estimulantes non específicos a lisdexanfetamina, precursor inactivo da anfetamina. Este cambio leva unha sanción máis severa que a que estaba anteriormente contemplada.
No apartado dos narcóticos engádese a nicomorfina. Un fármaco analxésico opioide que se transforma en morfina despois da súa administración. Este principio activo non se atopa incluído en ningún fármaco comercializado no noso país.
Axústanse os parámetros de dosificación do salbutamol para clarificar que a dose completa de 24 horas non debe administrarse dunha soa vez.
E nese mesmo apartado -BETA-2 AGONISTAS- faise especial fincapé na prohibición da sustancia higenamina. Un constituínte da planta Tinospora Crispa que se pode atopar nalgúns complementos alimenticios.

Resumo con todas as modificacións da Lista de sustancias e métodos prohibidos de 2017

Tolerancia cero contra a dopaxe e os tramposos que ensucian o noso deporte