Modificacións na Normativa Técnica de Mini BTT 2019





Tema: 

A semana pasada tivo lugar na sede da FGC unha reunión de Comisión Delegada con carácter extraordinario na que se trataron os seguintes asuntos en cumprimento dos Estatutos da FGC, art. 13.1: estudo e aprobación de modificacións na Normativa Técnica 2019 e aprobación das últimas modificacións dos calendarios deportivos 2019

Tras a celebración da reunión técnica cos clubes de escolas respecto os novos cambios na Normativa Técnica de Mini BTT, a Comisión Delegada tendo en consideración as propostas presentadas someteu a estudo e aprobación a modificación dos seguintes artigos.

III-N.1.- MINI BTT-XC A Federación Galega de Ciclismo co fin de fomentar a práctica deportiva dos máis novos establece o circuito autonómico de Mini BTT - XC para as categorías en idade escolar, quedando anulada a Liga Galega de Mini BTT-XC 

III-N.1.1.- CATEGORÍAS 

Para todas as probas do calendario, as categorías masculinas e femininas serán as seguintes: 

• BENJAMIN  • PROMESA (A e B) • PRINCIPIANTE (A e B) • ALEVÍN (A e B)  • INFANTIL 

III-N.1.6.1.- ORDE DE SAÍDA POR CATEGORÍAS E SISTEMA DE PARTICIPACIÓN 

A participación consistirá en 1 manga única para todas as categoría. A orde de saída por categorías será o seguinte: 

1º. Benjamines feminino 

2º. Benjamines masculino 

3º. Promesas feminino 

4º. Promesas masculino B (2012)

5º. Promesas masculino A (2011)

6º. Principiantes feminino 

7º. Principiantes masculino B (2010)

8º. Principiantes masculino A (2009)

9º. Alevíns feminino 

10º. Alevíns masculino B (2008)

11º. Alevíns masculino A (2007)

12º. Infantís feminino e masculino*/ Cadetes* (saída conxunta). As ciclistas femeninas situaranse de primeiras na grella de saída e sairán cunha diferenza de 3 a 5 minutos antes que os ciclistas masculinos. No caso de que o número de participación das infantis femininas sexa igual ou superior a 20, farase unha carreira independiente. 

No resto de categorías, as carreiras serán independentes por sexos. En primeiro lugar, realizarase a carreira feminina, a continuación as masculinas B e A .

 

Consultar textos completos dos Títulos (modificacións en cor azul):