Modificacións nos calendarios XCO, Mini BTT e Mini DH o 8 e 9 de xuño





Tema: 

O 8 e o 9 de xuño haberá probas de XCO, Mini BTT e Mini DH tal e como estaba previsto nun primeiro momento no calendario autonómico deste 2019. Os eventos que ían ter lugar en Marín, suspendidos por causas alleas á Federación Galega de Ciclismo, foron reemplazados por outras citas.

O sábado 8 de xuño na localidade ourensá de Baño de Molgas celebrarase pola mañá o I Mini BTT Estaciones Vivas e pola tarde o II Trofeo Estaciones Vivas XCO, competición puntuable para o Trofeo Federación de Cross Country Olímpico. Ao día seguinte, o domingo 9, chegará a quenda da primeira edición do Mini DH Concello de Ribadumia, dentro do circuíto Mini DH Galicia Series. 

Estas probas están pendentes de aprobación pla Comisión Delegada da FGC.