Nace Arnoia Termal Bike Km0, un destino termal-sport para os amantes do ciclismo de estrada





Modalidades: 

En Fitur, Feria Internacional del Turismo, levará a cabo a presentación de Arnoia Termal  Bike KM0, unha aposta pola promoción e comercialización deste territorio como destino termal-sport, fusionando a práctica do ciclismo de estrada e a cultural termal.

Arnoia será o Km0 desta nova proposta de facer turismo, desde a vila termal de referencia da provincia de Ourense e un dos centros termais máis importantes de Europa, sairán e chegarán cada unha das 11 rutas que forman parte desta viaxe.

Preto de 1.000km, cun desnivel acumulado de 17.500 m que permitirán descubrir a diversidade paisaxística da provincia de Ourense, así como o norte de Portugal e o sueste da provincia de Pontevedra. Desde unha ruta clásica polas vilas termais de Arnoia, Ourense e Cortegada ata o desafío de rutas máis longas como a ascensión a Castro  Laboreiro en plena Serra  do  Gerês en Portugal ou o Canón do Sil na Ribeira Sacra.

Cada unha das 11 rutas poderán ser descargadas en mapas 3D para un fácil seguimento das mesmas así como desde a plataforma  wikiloc , onde se poderá planificar cada ruta con todos os datos técnicos necesarios e unha descrición do percorrido e lugares de interese.

O Hotel-Balneario de Arnoia é o punto de acollida deste proxecto de cicloturismo que conta coa certificación “Bikefriendly  by  Serhs”, selo de calidade que certifica o desenvolvemento de proxectos de cicloturismo e mobilidade sustentable que contribúen a impulsar o crecemento económico das súas poboacións.

Arnoia Termal  Bike  KM0, non só é ciclismo e portos de montaña, é coñecer un extenso patrimonio cultural, é estar en contacto coa natureza da Galicia interior, é saúde termal.

Arnoia Termal  Bike  KMO  é unha nova forma de viaxar, coñecer un territorio, practicando o deporte das dúas rodas.