Nenos, bicis e polvo este fin de semana no Carballiño





O mes de agosto segue centrando a atención do mini btt. Este fin de semana será o Club Ciclista Carballiño o encargado de organizar un novo encontro dos máis pequenos. A cita será o domingo 26 a partir das 11 da mañá no Parque Municipal de Carballiño
A organización anunciou que fará honor a un dos emblemas da localidade e por iso contará con pulpeira no fin de festa.
As inscripciones están abertas ata o día 23.