A nova Xunta Directiva da FGC celebra a súa primeira reunión





A Xunta Directiva presidida por Juan Carlos Muñiz acompañado polos compoñentes do seu novo equipo directivo: José Manuel Flores (ausente) e Begoña Carpinteiro manteñen os seus cargos anteriores: Vicepresidente e Secretaria. Esteban Lorenzo e Ramón Troncoso intercambian os seus cargos, sendo nomeado o primeiro como tesoureiro e o segundo, vocal. Os novos rostros da directiva son Francisco Javier Cajiao, presidente do CTA que continuará no seu cargo, agora compartido como Vicepresidente Segundo. E por ùltimo, Óscar F. Sánchez que se une á directiva como vogal.

 

Esta primeira reunión celebrada na tarde de onte serviu para tratar entre outros asuntos: a programación de próximas reunións (CTA, 9 de febreiro, Comisión delegada, 14 febreiro, Asemblea Xeral, 16 de febreiro e Gala Ciclismo, 23 de febreiro). Planificación de cursos: monitor, directores deportivos, DESA, xornadas de convivencia...novos convenios, novo deseño páxina web e a adxudicación das sedes dos Campionatos de Galicia 2019.